CARLOS FONTES ( Vilaboa, Pontevedra, 1968)
A ESTACIÓN DO TREN
O tren viaxa todo o ano
de estación en estación:
na primavera entre flores,
no outono por follas secas,
no inverno hai calefacción.
LETRAS MÁXICAS
A maxia da vogal é total.
Co a berro xa!
Co e tomo té.
Co i digo si.
Co o son moi bo.
Co u ensino o cu.
Como son un bebé xigante,
a maxia da consoante
queda para máis adiante.
ASTRONAUTA SEMANAL
Quero ser astronauta,
voar en nave espacial,
saír do planeta Terra
en viaxe semanal.
O luns visitar a Lúa.
O martes ir ata Marte.
O mércores a Mercurio.
O xoves coñecer Xúpiter.
O venres estar en Venus.
O sábado ir a Sturno.
Domingo chegar ao sol,
e despois de merendar,
a Urano, Neptuno e Plutón.
(Do libro Poemas
con Piruleta, editado pola Editorial Galaxia, 2009)