Mostrando entradas con la etiqueta dores tembrás. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dores tembrás. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de febrero de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (LXVIII) Dores Tembrás




DORES  TEMBRÁS  (Bergondiño, A Coruña, 1979)



palabras
eran balas
con mordaza
no negro
sete setenta e cinco
cruzándonos
Dores Tembrás
contra a solitas

baixo o brazo
c´est fini
ou os ollos

fogo a discreción
             (Lendo a Lois Pereiro)




I

no medo máis medo
de tódalas illas
por ser auga

II

agardo o si non do faro
coma promesa
e non hai pestanexo
ata que me cegas


                              

                              No entrementres de te ver
                                       e xa perderte
                                      en memoria que te mira
                                                         EVA VEIGA


para o inventario
a periferia sempre
circunscrita
a procura do corpo
anatomía
da luz
e as súas cicatrices

tódalas cicatrices

numerar subliñados
que risquen a pel





atesouraba sen medida
pestanas
ou dentes de león
pálpebras en desafío

o meu alentó
conspirando
contra min
avaro





desafiuzada

Dores Tembrás nun instituto en Carril
enxertas
a túa palabra
no peito

ilimitándome




serventía
na hora de pálpebras
estalando risos
coma carqueixas
para os demais
a codia

serventía

sabíalo
e víate vir
raposo




(Do libro Cronoloxía da urxencia. XVI Premio de Poesía Concello de Carral. Espiral Maior. 2014)




                                                         Dores Tembrás recita no XXI Festival de Poesía do Condado

domingo, 11 de agosto de 2013

ESCAPARATE POÉTICO (XXIV) Dores Tembrás


DORES TEMBRÁS  (A Coruña, 1979)



cartografía de palabras

repetir cada signo

dentro da cuadrícula

papel en branco

pozo infindo

as palabras esvaran
Dores Tembrás

por iso sempre cuadrículas

para salvalas

pequenas casas

onde vivir para sempre







morreu

de peste

o limoeiro


vina chegar

dende a fiestra

tantas tardes

as follas negras

os citróns secos

ula prata aceda?

as espiñas da infancia

aínda infectas






un poema

un poema para

as nenasmapoula

unha palabra

para as súas pestanas

outra

para a miniatura dos seus dedos

un poema para

as que estrangulan bonecas

e amordazan flores

no xesto cándido

da infante perdida






deambulo por este corredor

que se estreita e ensancha a cada paso

as lacenas seláronse

e os vasos estalaron con nocturnidade e aleivosía

os interruptores reconcentráronse

A autora recitando
ata fundirse nas paredes

as portas enmudeceron

mentres eu me tatuaba

como unha couza vacinada de alcanfor








                                           Pola futura cinza
                                           que nos ha de servir de alimento

                                           EVA VEIGA


pequena orfa

afeita á friaxe

ortígame

cúbreme de cinsa

que saberei corresponderte






ser discontinua
Collage tirado da páxina web da autora

      sintagma

      punto

convocada por palabras

que me desganduxan

vítimas do exceso

para construírme fisura

e trascender a dinámica

que me fai violencia






anicada

ando a pensar palabras

pelas de manteiga

mentres o fume

se extingue

na mañá

cómo dicir

que marchaches

e eu

sen saber usar

a desnatadora



(Do libro O pouso do fume, editado por Espiral Maior, 2009)