Mostrando entradas con la etiqueta carlos fontes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carlos fontes. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de agosto de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XXV) Carlos Fontes





CARLOS FONTES  ( Vilaboa, Pontevedra, 1968)


A ESTACIÓN DO TREN


O tren viaxa todo o ano
de estación en estación:
na primavera entre flores,
no verán con gran calor,
no outono por follas secas,
no inverno hai calefacción.



LETRAS MÁXICAS

A maxia da vogal é total.

Co a berro xa!
Co e tomo té.
Co i digo si.
Co o son moi bo.
Co u ensino o cu.

Como son un bebé xigante,
a maxia da consoante
queda para máis adiante.

 

ASTRONAUTA SEMANAL

Quero ser astronauta,
voar en nave espacial,
saír do planeta Terra
en viaxe semanal.
O luns visitar a Lúa.
O martes ir ata Marte.
O mércores a Mercurio.
O xoves coñecer Xúpiter.
O venres estar en Venus.
O sábado ir a Sturno.
Domingo chegar ao sol,
e despois de merendar,
a Urano, Neptuno e Plutón.


(Do libro Poemas con Piruleta, editado pola Editorial Galaxia, 2009)