Paco Abril (Foto de Ana López Chicano) |
De novo, Paco Abril, unha das mentes máis
lúcidas se de Literatura Infantil e Xuvenil falamos (aínda que non só deste
tema).
Neste artigo aborda un asunto tan
interesante como controvertido. Fálanos do concepto “divertir” levado ás aulas.
Concordo plenamente con el. Non se pode facer unha disección máis lúcida, clara
e intelixente sobre algo que, penso eu, pode levar a confusións perigosas, afastadas
do fiable.
Paco Abril escribe cunha enorme
convicción, produto dos seus moitos anos reflexionando arredor destes asuntos.
E fainos pensar. Provoca estímulos. Marca camiños. Non é algo novo isto que
acabo de dicir.Leva pasando dende hai
ben tempo. Paco Abril non deixa indiferente a ninguén.
Paco Abril é un mestre da conversa, de
abrir camiños cara a discusións interesantes. Un verdadeiro axitador cultural.
Admiro moito a Paco Abril e Versos e aloumiños séntese moi orgulloso de contar coa palabra aguda
e afiada dunha persoa que ten tanto que dicir neste e moitos outros eidos.
Un pracer e unha honra.