domingo, 28 de febrero de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (LXXI) Roi Vidal





                                  ROI  VIDAL  (Santiago de Compostela, 1982)





FÍREME

dáme apertas esquecidas no lugar
onde agochamos as respostas

entre os días
e os poemas

entre as miniseries
Roi  Vidal
e a roupa sen lavar

entre os pelos
que resisten amarrados
ás sabas da cama

e as sabas da cama




COÑÉZOTE
como unha man
firmada polo tempo que virá

é por iso
que estou lonxe
do lugar onde me esperas

é por iso
que estou cerca
do que ficará despois

coñézote sen verte
e seite de memoria

como a música dun río
a descender da neve
(sinfonía de saloucos e violíns)

como o ruído da neveira
que deixamos sempre aberta

como esta carne a arder
entre os coitelos

confiemos
na tormenta

celebremos
este tempo de verán




FÁLAME
do tempo que perdemos

esa historia escrita
coa letra pequena dun pé

e non me espertes nunca
nunca agás que sexa a túa arela
coa mentira dos aplausos
a demora dunha enchente
os teus labios con feridas
as derrotas e as elipses
volverme  a aquela festa de silencios
a aquel lugar perdido
que chamabamos nós




ÁBREME
como un ceo que chove
nesta casa sucia
que pagamos
pelo a pelo

faime cómplice da túa fame
abre o interruptor da luz

dáteme en especias
pero dáme
pérdome en coitelos
pero afíame

négame de esguellos
fíreme as respostas

céibame da luz
esa ilusión




ORGÁSMOTE
coa ósmose
do cosmos

esváeste
cun
case
que
te
vas




[Do libro Teatro (XV Premio de Poesía Concello de Carral), editado por Espiral Maior.2013.]



          Roi  Vidal recita un poema de Teatro, na Libraría Porta XIII, de Vilanova da Cerveira