DORES TEMBRÁS
(Bergondiño, A Coruña, 1979)
palabras
eran
balas
con
mordaza
no
negro
sete
setenta e cinco
cruzándonos
Dores Tembrás |
contra
a solitas
baixo
o brazo
c´est fini
ou
os ollos
fogo
a discreción
(Lendo a Lois Pereiro)
I
no medo máis medo
de
tódalas illas
por
ser auga
II
agardo
o si non do faro
coma
promesa
e
non hai pestanexo
ata
que me cegas
No
entrementres de te ver
e xa
perderte
en
memoria que te mira
EVA VEIGA
para
o inventario
a
periferia sempre
a
procura do corpo
anatomía
da
luz
e
as súas cicatrices
tódalas
cicatrices
numerar
subliñados
que
risquen a pel
atesouraba
sen medida
pestanas
ou
dentes de león
pálpebras
en desafío
o
meu alentó
conspirando
contra
min
avaro
desafiuzada
Dores Tembrás nun instituto en Carril |
enxertas
a
túa palabra
no
peito
ilimitándome
serventía
na
hora de pálpebras
estalando
risos
coma
carqueixas
para
os demais
a
codia
serventía
sabíalo
e
víate vir
raposo
(Do libro Cronoloxía da urxencia. XVI Premio de
Poesía Concello de Carral. Espiral Maior. 2014)
Dores Tembrás recita no XXI Festival de Poesía do Condado