LUZ
POZO GARZA (Ribadeo, Lugo, 1922)
ESCRIBÍAS
AS PÁXINAS SECRETAS
da
fábula da vida
cun
Ramallo de lilas para a norte
Asbías
que no inicio da noite
Luz Pozo Garza |
se
revelan as almas do infortunio
-E o poñías nun libro-
E
sabías da transgresión das horas
cando
o tempo se anula
-E o poñías nun libro-
E
sabías que o valeiro das almas
leva
de seu a mágoa dunha fonte en penumbra
-E o poñías nun libro-
Acaso
presentías
cando
pechar os ollos cun Ramallo de lilas
-E a norte escribe o libro-
ERA
O MAR A ESCRITURA
que
non revela a luz
Eu
ben sei que chorabas polo mar coma a vida
Pero
o mar non revela o seu misterio
Era
a conciencia cómplice do quebranto
Unha
flor ignorada en resposta
a
un anhelo infinito
Talvez
chegou o mar
ata
os pés dos que dicen amor no mes de abril
Pero
ti non estabas
Tiña
o mar a lisura dunha páxina nova
na
escritura da vida
Partían
sombras mudas
Sombras
de alguén que fuxe de si mesmo
¿Era
o mar a existencia?
¿O
amor?
¿A
flor ferida da inocencia?
As
aves imprevistas dos anceios
fuxían
sobre un mar imposible sen retorno
sempre
de cara á norte
Para Manuel V. Villaverde
SOLETREABA
EU AÍNDA O MEU NOME
de
párvula e sabía desa existencia túa
Rosalía. A ela vai dirixido este poema |
xa
ensumida
nos
avatares dunha sombra
Demoraba
nun parque de eucaliptos
na
vila tan amada
e
souben do regreso daquela sombra ambigua
expresada
nos astros
E
sabía dun corazón oculto
no
manto dos ocasos e as camelias
sabía
das vivencias escritas
como
follas que murchan sen remedio
nunha
tarde letal
perdida
nas estancias do outono
nas
orelas do Sar sempre de cara á norte
CAMELIA
MÍSTICA
Este
fulgor tan frío que nos traspasa a alma
flor
de carne celeste
labios
que bican sen rozar apenas
Esta
flor que se entrega sen paixón
sen
porfía
Contemplación
acaso beatífica
para
unha mística do Coñecemento
(Do
libro Memoria Solar. Obra poética. Ed. Linteo, 2004)
Luz Pozo Garza cóntanos por que comezou a escribir.
Luz Pozo Garza no acto da conmemoración dos 127 anos do pasamento de Rosalía de Castro