lunes, 28 de julio de 2014

CADERNO ÍNTIMO (XIX)



       

                                                                 Páxina decimonovena
                
       Xa pasou máis dun mes, dende que a andoriña marchou da casa, e parece que hai non sei cantos séculos que estivo en Vigo.
Como veu, marchou. Polo aire, entre as nubes, o sol, a chuvia e, talvez, entre unha néboa mesta e prateada.
A nosa andoriña, en Vigo.

       Néboa, dende logo, foi o que deixou nesta casa coa súa partida. E non, precisamente, néboa  de prata.
Entre esa néboa, que máis semella fume, lembro ese sorriso que me botaba, sentada na colcha aberta no chan, cando eu aparecía polas mañás no seu pequeno mundo.
Néboa, néboa, néboa, néboa...

       E, entre a néboa, revivo as súas garatuxas, os seus xestos, a súa mobilidade, os seus ollos tan grandes, o seu xeito de comer, de imitar, de escoitar cancións.
        
Voa, voa..., miña andoriña!
       Conseguiu a miña andoriña que dese a volta e volvese a ver este mundo, no que vivo, de fronte; este mundo que a súa presenza encheu de cor. Porque, non nos esquezamos, o que nos rodea continúa a estar demasiado confuso para min. . Non perdo completamente a esperanza de que mellore, pero non é doado cambiar as cousas. Iso penso eu.
       Porén os voos da miña andoriña debuxaron no aire mil cabriolas coas que gozo só con lembralas.
       Que oco deixou! Agora, quédame o Skype. Véxoa, mais non a toco, nin a abrazo, nin sinto os seus recendos  infantís, nin podo bicala.
       Ai, isto de ser avó! Sentimentos indefinibles.

       E un día recibo un libro doutro avó feliz. Un poemario do meu querido e admirado Pedro C. Cerrillo, profesor da UCLM, que anda toliño cos seus netos.
Con Pedro C. Cerrillo

        O libro chámase  El jardín de Óscar. Son páxinas  cheas de agarimo, amables, cunhas estruturas sintácticas ricas y que soan de marabilla.
       Sobre estes poemas, di Jesús Díaz Armas (ULL) que “ lo que caracteriza a esta poesía es, precisamente, la mirada amable, ingenua y soñadora que la sustenta y que nos viene a reflejar un mundo edénico y acogedor,  pero a la vez suavemente irónico”. Óscar, o seu neto, é o centro deste universo poético, no que Pedro mantén un diálogo intelixente co neno. Un dialogo cheo de musicalidade e de cor, que responde aos intereses de ambos. Entrañable e vivo, resulta unha delicia lelo.
       Lede, por exemplo, estes dous poemas , nacidos dese sentimento indefinible do que eu falaba antes:

LA MARIPOSA HERMOSA

Mariposa que vuelas
junto a mi niño,
enséñale tus alas
de color amarillo,
y dile que no llore,
que esté tranquilo,
que con él jugarán
todos sus amigos.

Mariposa que vuelas
alegrando el cielo,
quédate muy quieta,
detente un momento,
que el niño necesita
un poco de consuelo.

      

       Teño que agradecerlle a Pedro o feito de compartir comigo a ilusión de ser avó, que el reflicte claramente nestes poemas.  Agora, que volvo a estar de costas ao mundo, recibir este poemario fíxome moi feliz.
       É que isto de ser avó vén sendo coma un círculo que non se pecha endexamais.
      
        

       Lembro neste intre que un pouco antes de chegar a miña andoriña, case como un sinal máxico, estaba eu a ler o interesante  libro de Juan Cruz Ruiz, Especies en extinción (Memorias de un periodista que fue editor) Ed. Tusquets, no que expresaba nalgunha das súas páxinas os sentimentos indefinibles de ser avó.
      
        E dicía cousas coma esta referíndose ao seu neto, Oliver:  “Y  es que ésta es una nueva situación, un niño en la vida.(…) Ahora ya el niño aprendió a sonreír, luego aprendió a reír, y finalmente aprendió a poner miradas, a mirar intensamente, a mirar al desgaire,a mirar sin ver” (…)
       E engade:  “… los niños viven rápido, no sabremos qué produce el ensimismamiento de los niños”. Así é. Mirando a Libby, deténdome nas súas reaccións, pregunteime moitas veces que lle estaría pasando á andoriña pola cabeza.

       Sigo a ler  de novo a Juan Cruz: “Tiene una virtud, entre otras, el nacimiento de un niño tan cercano, un nieto. En primer lugar, detiene el tiempo, o eso dicen “(…)
       
Juan Cruz Ruiz

        Canta razón ten o xornalista, escritor e editor canario. Évos así.  Detense  o tempo e sentes que estás a vivir na atemporalidade máis absoluta. Convénceste de que penetras na esencia do ser humano dende que este comeza a ter vida de verdade. Chegas a reparar en situación nas que antes non repararas. Maxia!, xaora.
     
      Para a miña andoriña, estiven facendo unha biblioteca especial, á marxe da miña
propia. Pedín a escritores e escritoras amigos un libro dedicado para Libby. Quería facerlle unha biblioteca dende a calidade e mais a amizade: a Libbyblioteca. A resposta non puido ser máis xenerosa e positiva. Emocionoume. Quería que a nena, que vai vivir nos EE.UU., tivese unha biblioteca infanto-xuvenil en galego e en castelán. Así vai ser.

       Voaron con ela moitos deses títulos. Os que non puideron voar, enviareillos por correo a Martin. Síntome moi feliz e fachendoso da iniciativa.
        
Xoán Babarro

       Un deses escritores foi Xoán Babarro. El e mais Ana enviáronme varios títulos. Un deles, La tela de araña que todo lo apaña (Edebé) traía unha simpatiquísima nana, escrita por Xoán.
Esta é:

        
       Pérdome falando dese estado evanescente que é ser avó. Son consciente que me poño algo (ou moito?) pesado co tema. Como leo na magnífica novela de Erri De Luca, El crimen del soldado, “pido desculpas pola miña digresión”.
       Así que, de costas ao mundo, poño un sombreiro de verán sobre a miña cabeza e comezo a perderme  polos carreiros do agarimo para lembrar a nena máis riquiña do mundo. (Por favor, perdoádeme de novo pola miña digresión. Pido desculpas. Amén.)

                                                                                                                             O VELLO SOÑADOR