O
can Can,
dende que vive entre libros e música, está moi feliz.
Quere
dicirnos cousas. Musita continuamente.
O
can Can non
di guau. Fai ruídos leves, coma se
fose o vento ou a auga dun río. Olla cara a nós e vai creando un rumor, uns
murmurios, que intentan dicir algo. E non pensedes que di trivialidades, non.
O
can Can
descobre cousas nas que nós, moi a miúdo, non reparamos.
E
quere contalas.
De
aí que Versos e aloumiños lle vai
ofrecer unha sección fixa, sen periodicidade exacta, para que todos e todas
poidades coñecer as súas descubertas.
Chamarase
Os
murmurios do can Can
e esperamos que vós, e nós tamén, poidamos saborealas xuntos.
Velaquí
estas primeiras.
…
está
encantado de que a editorial Galaxia, na súa colección “Árbore”, publique un
libro de teatro para os cativos. Pensa que é necesario e aplaude a decisión.
Trátase do libro de Isabel Freire, “Aos Reis Magos non lles gustan os
caramelos de menta”. Unha historia chea de humor e complicidade entre unha
nena de oito anos e os Magos de Oriente.
… que, por fin, están xuntos e postos en música os “Seis poemas galegos de Lorca”, ademais dunha saudación elexíaca a Rosalía de Castro.
Cántaos, como non!, Amancio Prada e edítaos a magnífica editora Vaso
Roto Ediciones.
Tamén di que lle gustaría escoitar o trobador do Bierzo. De aí o vídeo
que engadimos. Un diálogo entre Federico e Rosalía de Castro.
… que lle gusta moito o poeta de Avellaneda, Bos Aires, Hugo Mujica, e nos ofrece este breve poema, tirado da súa “Poesía Completa (1983 – 2011)”, que a mesma editorial dos poemas de Lorca publicou co título de “Del crear y lo creado”, na súa colección “Esenciales Poesía”.
algo
más blanco
algo
como un gemido
enrojeciendo
el
amanecer
o
más aún:
como
un dolor callado
que
también oigan los ciegos
… y finalmente que lle encanta a poeta Mª Jesús Jabato. Que se emocionou cos poemas do seu libro “Gori gori”, editado por Kalandraka e que nos quere ofrecer un deles: o que se chama “Mi habitación”.
E di así:
Las
paredes azules
busco
en ellos la luna
y
no la encuentro.
Blanco
el techo: una nube
con
agua dentro.
Cuando
cierro los ojos
suenan
mil truenos
que
amenazan tormentas
de
agua y de sueños.
Por
la ventana abierta
se
oye un jilguero.
E despídese cunha canción de Luis Eduardo Aute que lle dedica á súa amiga An
Alfaya. Trátase da coñecidísima "De alguna manera" interpretada en vivo, 2011, no teatro Gran Rex de Bos Aires.
E can Can volve ao balcón a seguir observando a vida.
E can Can volve ao balcón a seguir observando a vida.