Pedro Cerrillo é unha desas persoas ás que, no eido da
formación lectora do alumnado, debemos escoitar con atención.
Escoitalo, lelo e reflexionar co que
escribe. Leva ben anos traballando a prol dunha escola na que viva a palabra
escrita (e a palabra oral).
Unha escola na que a lectura se convirta no centro de moitas
actividades e na que o profesorado sexa quen de ilusionar os seus alumnos
arredor da literatura.
Pedro Cerrillo é unha autoridade cando de
literatura infantil falamos. Divulga, escribe, investiga, publica libros de
lectura obrigada para que a LIX estea
próxima ás persoas de calquera idade.
Resultan moi gratificantes as súas propostas.
Esta é a razón pola que nos diriximos a el
para que nos permitise publicar en Versos
e aloumiños esta interesante
reflexión arredor dos medios tecnolóxicos e a súa repercusión na sociedade.
Leamos estas liñas que tan amablemente nos
permitiu reproducir aquí. Leámolas, pensemos no que se di e, despois, actuemos
en consecuencia.
Paga a pena.
Los oyentes atentos
PEDRO
C. CERRILLO TORREMOCHA
Las nuevas tecnologías y los
modernos medios de comunicación nos han cambiado una parte importante de
nuestras vidas. Hemos mejorado en instantaneidad, rapidez, accesibilidad a
informaciones y datos, a conocimiento inmediato ¬–aunque superficial¬– de
bastantes cosas. Pero hemos perdido ciertas capacidades y valores: la cercanía
física con los demás, comunicación verbal, capacidad para la empatía, la reflexión
y el diálogo, humanidad a fin de cuentas.
Mucha gente es ya la que va con su atención concentrada en
algún aparato tecnológico que la interconecta con cualquiera en cualquier parte
del mundo, sin ni siquiera conocerse, “hablando” de banalidades, y pasando
indiferente ante quienes tiene más cerca, corriendo el riesgo de estamparse con
cualquier farola, de pasarse de estación en el metro, de ser atropellado en un
paso de cebra o de pisar una defecación canina dejada irresponsablemente en una
acera por el dueño del perro que, ¡quién sabe!, a lo mejor iba guasapeando.
Unha das numerosas publicacións de Pedro Cerrillo
Las
nuevas tecnologías informan inmediatamente pero provocan el olvido con enorme
rapidez. Se lee poco, se cuentan pocos cuentos a los más pequeños, no se
observa por balcones y ventanas ni paisajes ni personas, se reflexiona menos
que nunca, nada se cuestiona con fundamento. Se desprecian las humanidades, no
se valoran ni la historia ni la literatura, y la educación es una excusa no una
obligación.
Me
da mucha pena lo que está pasando. No se trata de renunciar a lo que la
modernidad nos aporta para mejorar la vida; se trata de saberlo compaginar con
lo que la vida nos da dado bueno desde tiempos remotos.
Por
eso son tan importantes acontecimientos como el recientemente celebrado Festival
de Narración Oral de Los Silos (Tenerife) que, de la mano de Ernesto Rodríguez Abad, ha cumplido 25
años, poniendo en valor el cuento, la poesía, la oralidad y las sonrisas.
Que
no se pierdan nunca los cuentos leídos en voz alta ni los niños hipnotizados
por las aventuras de hadas, merlines y seres fantásticos contadas desde el amor
y el convencimiento; que no desaparezcan los auditorios atentos a las palabras
dichas; que sigan existiendo oyentes que no quieren renunciar ni a los cuentos
ni a la poesía, que es lo mismo que no renunciar a los sentimientos, a las
pasiones o a las emociones; que no nos invadan los talleres de autoayuda, ni
los gurús mesiánicos que tiene la fórmula mágica para cambiar la educación
vendiendo proyectos que son humo; que no nos roben la magia de un auditorio de
oyentes atentos.
Paso á súa beira cos pés de lá para que
non se decate da miña presenza, mentres o animaliño segue metido entre libros e
discos.
Agora anda coa leria de que quere un mp4.
Vaia, vaia! Por pedir que non quede.
O certo foi que, cando quedei un pouco
libre de tantas historias que teño, decidín escoitalo.
E quería contar cousas e, sobre todo,
aconsellar libros para estas festas de Nadal e Reis. Non me pareceu mala idea.
Escoitade/lede o que me foi contando.
Ocan Can dinos musitando que…
…
me viu tristecando eu lin que morrera o
gran músico, compoñente e baixista de Cream,Jack Bruce. E conta que escoitou algún dos discos del en solitario, que
atopou na miña discoteca. En concreto, “Songs for a tailor” cativouno. Pero non
só. “Menos mal -afirma- que os músicos non morren endexamais, pois queda a
música para sempre”.
Jack Bruce en acción xunto ao gran guitarrista Joe Bonamassa. Tocan "White Room".
… lle gustou moito o libro de Teresa
Zatarain “Sin miedo a decir te quiero” (Ed. Creotz). Unha historia en prosa
rimada, sinxela pero dunha gran sensibilidade. Díxome que, tras ler o conto,
non vai dubidar de todo aquello que fale dos sentimentos.
… se sorprendeu da fermosísima edición
facsímile do conto “Blancanieves”, editada en 1930 pola Editorial Calleja, que
me enviaron dende Cuenca en edición do Servizo de Publicacións da UCLM (2014).
Unha xoia completa que conta cun interesante estudo introdutorio do Director do
CEPLI, Pedro C. Cerrillo.
… o propio Pedro C. Cerrillo acaba de
publicar un entrañable libro de cantigas de berce que leva por título “Nanas
para dormir niñas despiertas”. As ilustracións son deAntonio Santos e edita tamén o Servizo de
Publicacións da universidade conquense e o Patronato Universitario “Cardenal
Gil de Albornoz”. Fermoso álbum, que paga a pena coñecer.
Velaquí unha desas nanas tan aloumiñantes:
Ilustración de Antonio Santos
NANA DE LA LUZ
Esta niña es un clavel,
esta niña es una rosa,
esta niña es una luz
que alumbra todas las cosas.
Duerme, mi niña,
duerme, mi bien,
duerme, mi vida,
duerme, mi ser.
… ten un agarimo especial porRingo Starr, porque lle parece unha persoa
auténtica, sen dobre cara e, ademais, un magnífico batería. De aí que lle
ilusionase ler o libro que Ediciones SM publicou co título “El jardín del pulpo.
Octopus´s garden” con ilustracións de Ben Cort. O libro leva, ademais, un CD
coa famosísima canción “do xardín do polbo” que cantaban os Beatles (a voz é a
del) na versión orixinal. Está feliz e non deixa de poñela á mínima ocasión.
Ringo Starr, en solitario, canta "Octopus´s garden".
… lle doe que remate a colección
“Libros da Frouma”. O derradeiro número, que eu tiña sobre a mesa, caeu nas
súas patas e encantoulle. Trátase de “CaRa inversa”, un poemario con poemas
literarios e visuais (estes, arredor dos libros) de dous magníficos poetas e
artistas, Pepe Cáccamo e Baldo Ramos.
Vexamos e leamos algo deste proxecto
interesante:
POEMA DE CÁCCAMO(fragmento de
CONTRA A RUÍNA)
o tempo ese extravío esta derrota
de nomes consumidos
de labios sen memoria
o esquecemento a brétema
epidemia furtiva que deita sobre a pel
fungos de luz envisa flor de esponxa
profunda
que esgana que non deixa
alentar(…)
E á dereita, a composición visual de Baldo
Ramos.
Un extraordinario proxecto de
colaboración a dúas voces, no que o motivo xerador é o libro-obxecto. Cada
autor crea unha peza coa que o outro dialogarápoeticamente. Así, suman vinte libros e vinte poemas cada un. Un diálogo
de ida e volta, circular e cómplice.
… quedou abraiado cando nun andel deu
cun libro dun dos ilustradores que el máis admira, Xan López Domínguez, bo
amigo meu, editado por Edelvives. O seu nome: “Las aventuras de la Bruja
Fritanga. Xan é o autor do texto e das ilustracións. Nelatopamos ao mago Renlong con todas as súas
apócemas e loucuras máxicas, convertido en xigante e o periplo de Fritanga para
dar co antídoto de diversos meigos para
ver de reverter o esconxuro. Recoméndao con moito interese.
… sabedo meu amor por Lorca e atopou un álbum fermosísimo de Ian Gibson,
ilustrado polo moi prestixioso Javier Zabala, que leva por título “Federico
García Lorca para niños”, editado por M1C, hai un ano exactamente. Un
achegamentomoi interesante á figura do
gran poeta granadino. A súa vida, a súa obra e a súa morte contadas dunha
maneira sinxela e moi directa polo célebre hispanista.
Chamoulle a atención as liñas que pon o libro e que son unha actitude
que se debe ter ante a vida: “Se mirades con atención ao voso arredor, tamén
vós poderedes descubrir, como García Lorca, a poesía que encerran as cousas.
Tan só é preciso sentir e logo…Soñar.
As ilustracións de Zabala, sinxelamente impresionantes.
A
verdade é que non para. Nótalo emocionado e iso gústame. Non o vou negar. Pero
chegamos ao límite. Como pasa o tempo. Parece que foi onte cando chegou á praia
e atopeino sobre unha rocha e xa leva ben tempo comigo.
Véxoo tan feliz nos andeis, entre libros,
que eu recoñezo que é unha sorte telo preto.
Non perde de vista nada do que lle interesa e move a cola ao escoitar
a música que soa na sala
Pídeme con insistencia, para rematar e
volver ao balcón, onde o agarda o novo libro de poemas para nenos de Marilar
Aleixandre que quere comezar a ler. Pídeme, repito, que poña un vídeo cunha
canción deSerrat e que llo dedique a
Susi, a quen tanto quere.
E así o fago.
Anímate e escoita "Lucía", unha das tantas fermosísimas cancións de Joan Manuel Serrat. E, claro, Susi, para ti de parte do can Can.
Xa pasou máis dun mes, dende que a
andoriña marchou da casa, e parece que hai non sei cantos séculos que estivo en
Vigo.
Como veu, marchou. Polo
aire, entre as nubes, o sol, a chuvia e, talvez, entre unha néboa mesta e prateada.
A nosa andoriña, en Vigo.
Néboa, dende logo, foi o que deixou
nesta casa coa súa partida. E non, precisamente, néboade prata.
Entre esa néboa, que
máis semella fume, lembro ese sorriso que me botaba, sentada na colcha aberta
no chan, cando eu aparecía polas mañás no seu pequeno mundo.
Néboa, néboa, néboa, néboa...
E, entre a néboa, revivo as súas
garatuxas, os seus xestos, a súa mobilidade, os seus ollos tan grandes, o seu
xeito de comer, de imitar, de escoitar cancións.
Voa, voa..., miña andoriña!
Conseguiu a miña andoriña que dese a
volta e volvese a ver este mundo, no que vivo, de fronte; este mundo que a súa
presenza encheu de cor. Porque, non nos esquezamos, o que nos rodea continúa a
estar demasiado confuso para min. . Non perdo completamente a esperanza de que
mellore, pero non é doado cambiar as cousas. Iso penso eu.
Porén os voos da miña andoriña debuxaron
no aire mil cabriolas coas que gozo só con lembralas.
Que oco deixou! Agora, quédame o Skype.
Véxoa, mais non a toco, nin a abrazo, nin sinto os seus recendosinfantís, nin podo bicala.
Ai, isto de ser avó! Sentimentos
indefinibles.
E un día recibo un libro doutro avó feliz.
Un poemario do meu querido e admirado Pedro
C. Cerrillo, profesor da UCLM, que anda toliño cos seus netos.
Con Pedro C. Cerrillo
O libro chámase El jardín de Óscar. Son páxinas cheas de agarimo, amables, cunhas estruturas
sintácticas ricas y que soan de marabilla.
Sobre estes poemas, di Jesús Díaz Armas (ULL) que “ lo que caracteriza a esta poesía es,
precisamente, la mirada amable, ingenua y soñadora que la sustenta y que nos
viene a reflejar un mundo edénico y acogedor,pero a la vez suavemente irónico”. Óscar, o seu neto, é o centro
deste universo poético, no que Pedro mantén un diálogo intelixente co neno. Un
dialogo cheo de musicalidade e de cor, que responde aos intereses de ambos.
Entrañable e vivo, resulta unha delicia lelo.
Lede, por exemplo, estes dous poemas ,
nacidos dese sentimento indefinible do que eu falaba antes:
LA MARIPOSA HERMOSA
Mariposa
que vuelas
junto
a mi niño,
enséñale
tus alas
de
color amarillo,
y
dile que no llore,
que
esté tranquilo,
que
con él jugarán
todos
sus amigos.
Mariposa
que vuelas
alegrando
el cielo,
quédate
muy quieta,
detente
un momento,
que
el niño necesita
un
poco de consuelo.
Teño que agradecerlle a Pedro o feito de
compartir comigo a ilusión de ser avó, que el reflicte claramente nestes
poemas.Agora, que volvo a estar de
costas ao mundo, recibir este poemario fíxome moi feliz.
É que isto de ser avó vén sendo coma un
círculo que non se pecha endexamais.
Lembro neste intre que un pouco antes de
chegar a miña andoriña, case como un sinal máxico, estaba eu a ler o
interesante libro de Juan Cruz Ruiz, Especies en extinción (Memorias de un periodista que fue editor) Ed.
Tusquets, no que expresaba nalgunha das súas páxinas os sentimentos
indefinibles de ser avó.
E dicía cousas coma esta referíndose ao
seu neto, Oliver:“Y es que ésta es una nueva situación,
un niño en la vida.(…) Ahora ya el niño aprendió a sonreír, luego aprendió a
reír, y finalmente aprendió a poner miradas, a mirar intensamente, a mirar al
desgaire,a mirar sin ver” (…)
E
engade: “… los niños viven rápido, no sabremos qué produce el ensimismamiento
de los niños”. Así é. Mirando a Libby, deténdome nas súas reaccións,
pregunteime moitas veces que lle estaría pasando á andoriña pola cabeza.
Sigo a ler de novo a Juan Cruz: “Tiene una virtud, entre otras, el nacimiento de un niño tan cercano,
un nieto. En primer lugar, detiene el tiempo, o eso dicen “(…)
Juan Cruz Ruiz
Canta razón ten o xornalista, escritor e
editor canario. Évos así.Detenseo tempo e sentes que estás a vivir na
atemporalidade máis absoluta. Convénceste de que penetras na esencia do ser
humano dende que este comeza a ter vida de verdade. Chegas a reparar en
situación nas que antes non repararas. Maxia!, xaora.
Para
a miña andoriña, estiven facendo unha biblioteca especial, á marxe da miña
propia. Pedín a escritores e escritoras amigos un libro dedicado para Libby. Quería
facerlle unha biblioteca dende a calidade e mais a amizade: a Libbyblioteca.
A resposta non puido ser máis xenerosa e positiva. Emocionoume. Quería que a
nena, que vai vivir nos EE.UU., tivese unha biblioteca infanto-xuvenil en
galego e en castelán. Así vai ser.
Voaron con ela moitos deses títulos. Os
que non puideron voar, enviareillos por correo a Martin. Síntome moi feliz e
fachendoso da iniciativa.
Xoán Babarro
Un deses escritores foi Xoán Babarro. El e mais Ana enviáronme
varios títulos. Un deles, La tela de araña que todo lo apaña
(Edebé) traía unha simpatiquísima nana, escrita por Xoán.
Esta é:
Pérdome falando dese estado evanescente
que é ser avó. Son consciente que me poño algo (ou moito?) pesado co tema. Como
leo na magnífica novela de Erri De Luca,
El
crimen del soldado, “pido desculpas pola miña digresión”.
Así que, de costas ao mundo, poño un
sombreiro de verán sobre a miña cabeza e comezo a perderme polos carreiros do agarimo para lembrar a
nena máis riquiña do mundo. (Por favor, perdoádeme de novo pola miña digresión.
Pido desculpas. Amén.)