sábado, 11 de mayo de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (VIII)




ANTÓN CORTIZAS   (Ferrol, 1954)




En Baiona hai unha casa sen xanelas
porque o arquitecto esqueceu facelas.
Antón Cortizas
Pero certo día un vello veciño
nunha das fachadas fixo un furadiño
e puido sacar ao sol as canelas.


********************************



Naceu un volátil bebé no Rosal,
de parto imprevisto, nun berce casual;
naceu de repente en un santiamén
medrou, colleu moza, casou e tamén
volatilizouse sen deixar sinal.


*********************************



Un día pegado a un televisor
quedou frei Vicente, o frade prior.
Pasaron os anos e seguiu pegado.
“É santo”, correuse, e foi venerado:
San Televicente das series en Flor.


**********************************



Un indio poeta, de maneiras mansas,
loce gran plumaxe de plumas de gansa;
ter ten moitas plumas, mais non ten tinteiro,
e mentres cociña, con fume lixeiro
escribe poemas no ceo de Arkansas.




(Do libro Vaia tropa!, editado por Edicións Xerais, 2011)