GLORIA SÁNCHEZ (Vilagarcía de Arousa, 1958)
FAFARRAVINTENOVE
Miña tía Catarina
foi un día
vender coles e mais flores
de colores.
Unha vaca
cheira a mata.
¡Que fartura!
-
¡Foxe vaca!
Rumia-rumba na verdura
e de postre, flores brancas.
Suspira Catarina.
A vaca di: Mu…
¡”Muitas” gracias,
señoría!
FAFARRATRINTA
A ingrata pataca frita
fuxiu nun barco de vela
cun ovo estrelado e roibo.
Eu quedei aquí penando
porque quería comela.
FAFARRAVINTEUN
Querido oso peludo
xa vén o frío.
¡Poña o abrigo!
¡Poña o abrigo!
Querido oso peludo
xa vén o vento.
¡Métase dentro!
¡Métase dentro!
Querido oso peludo, xa vén o inverno.