martes, 18 de agosto de 2015

"UN BALÓN ENVENENADO ": Un poemario que une fútbol e versos.

Foto de Ricardo Grobas

Gústame o fútbol. Sempre me gustou. Dende que da man do meu pai ía a Balaídos, a miña paixón polo fútbol e polo Celta (o meu único equipo) foi medrando ata hoxe. Invádeme o sentimento azul celeste, unha semente que agromou ao longo das diversas etapas da miña vida e que tingue desa cor todas as ilusións futboleiras e, tal vez, un aquel máis alá.
  
   A primeira vez que subín a un avión foi de Porto ata Lisboa. E fíxeno, como porteiro suplente, co Celta junior que disputou un torneo internacional no país veciño contra equipos, que eu recorde, coma o Bayern Munich, Boldkluben danés, Porto, Benfica e Sevilla. Non xoguei, fun de porteiro suplente, pero ver de preto a Coluna, Jose Augusto, Eusebio, auténticas lendas do equipo lisboeta e do fútbol mundial foi unha experiencia inesquecible. Pisar o céspede do antigo estadio Das Antas ou do mítico Estadio da Luz, resultoume algo máxico. Unha das emocións deportivas máis fondas da miña vida.

     Son abonado histórico do Celta de Vigo. Sufro, alégrome, vivo, desespérome, aplaudo, emociónome, evito, resígnome e moitos verbos máis coa traxectoria –tan chea de subidas e baixadas- do equipo celeste. Levo ben anos con estas sensacións íntimas. Non o podo evitar. E non quero, por certo.


   Repito, gústame o fútbol.

   Pero odio no que se foi convertendo ao longo dos anos. O deporte deixou paso ao negocio. Demasiados intereses arredor do chamado “deporte rei”. Os clubs son sociedades anónimas. Seguen a gastar o que non poden. Deben soldos, seguridade social, impostos a Facenda… Están empeñados. Perden a categoría.
Desaparecen e renacen.

   Boa parte dos xogadores dos grandes equipos vólvense prepotentes e moitos consideran  que no fútbol vale todo. Falta formación. Falta madurez. Hai covardías.Amáñanse partidos. E non pasa nada.
   Os medios de comunicación máis potentes son un medio de presión brutal e priman os seus intereses sobre todo o demais.

 Enxalzan os que lles interesan.
Afunden a moitos outros.
Manipulan. Filtran. Agochan. Aldraxan. Menten. Todo para non perder o poder económico que os sustentan.

  
Lionel Messi
   A xente do fútbol pensa que este é o centro da sociedade. Que poden saltar todas as normas. Aínda me lembro da carta vergoñosa que, a instancias do impresentable presidente da Federación Española de Fútbol, asinaron a meirande parte dos dirixentes dos equipos de Primeira división para pediren clemencia perante a entrada no cárcere do expresidente do Sevilla, un home corrupto e condenado pola xustiza. Ver para crer.

    Son consciente de que no campo os equipos grandes teñen un regulamento especial. Que saen con varios puntos de vantaxe en cada campionato polas decisións arbitrais. Que nunca perden polos méritos dos pequenos senón porque fixeron mal isto e o outro, ou que o adestrador se trabucou ou… Lamentable. Un equipo pequeno pode ser prexudicado e non terá un eco xusto no teatro dos medios de comunicación. Dá noxo, demasiadas veces, o cinismo que envolve as informacións xornalísticas sobre este ou aquel feito ocorrido no terreo de xogo. E cada ano, eses equipos pequenos teñen que reinventarse pois a rapina cae sobre eles levándolles aqueles futbolistas que destacan.
   
   Poderoso caballero… que diría unha vez máis o clásico.


   Son consciente, tamén, das reaccións da masa futbolística. Non ven con bos ollos os xogadores formados, os xogadores que se pronuncian, que son críticos, que teñen personalidade, que len. Existe unha tendencia a mofarse deles, a ridiculizalos. Unha verdadeira tristeza.

   Pero… canto me gusta o fútbol! Por iso, hoxe traio a esta sección un libro que me sorprendeu e que quero que vexa a luz. Baixo a edición de Luis García Montero e Jesús García Sánchez, aparece un poemario, Un balón envenenado, Poesía y fútbol, publicado por Visor, co gallo da publicación do número 800 desta prestixiosa colección poética.


   
   Ambos editores escriben un interesantísimo prólogo no que podemos ler cousas coma estas: “Nun momento moi oportuno, o fútbol, como ficción con emocións verdadeiras, empeñouse en demostrarnos que unha parte da realidade é imaxinación e unha parte da imaxinación é realidade”. E tras apuntar certas condicións sosteñen que a preparación dunha antoloxía de tema futbolístico se parece moito a realizar unha escolla de poesía política; non nos contidos nin nas posibles interferencias entre fútbol e poder político, senón na raíz lírica do diálogo entre o “eu” e o “s”. Afirman que “o lector acostumado aos poemas políticos atopará nesta antoloxía a mesma vontade de himno ou disidencia, a mesma sátira contra o adversario, o mesmo culto á personalidade do líder, a mesma exaltación das glorias colectivas, a mesma chamada á inmortalidade das cores e os mesmos acertos da voz que se individualiza, mete polo medio o sentimento da súa vida cotiá e cóntanos en primeira persoa unha historia de todos. Tamén atopará moita identidade suavizada de xeito lexítimo pola inocencia infantil”.
 
Jesús García Sánchez (Chus Visor) e García Montero na presentación do libro.
   Ben, pois sexa como for, esta antoloxía que carece de ser un exercicio de rigor lírico, de constituírse nun traballo académico ou de minuciosidade resulta moi orixinal e atractiva, malia conter poemas de distinta calidade literaria.
 
Rafael Alberti
   Nas súas páxinas podemos ler a marabillosa oda,  pertencente ao seu poemario Cal y Canto  que lle escribiu Rafael Alberti a Platko, un porteiro húngaro do Barça que xogou mancado e coa cabeza vendada e que coa súa actuación portentosa lle deu a vitoria ao equipo azulgrana no terceiro partido da épica final da Copa do Rei de 1928 contra a Real Sociedade nos Campos de Sport do Sardiñeiro en Santander.


PLATKO   (fragmento)
Platko

Nadie se olvida, Platko,
no, nadie, nadie, nadie,
oso rubio de Hungría.

Ni el mar,
que frente a ti saltaba sin poder defenderte.
Ni la lluvia. Ni el viento, que era el que más regía.
Ni el mar, ni el viento, Platko,
rubio Platko de sangre,
guardameta en el polvo,
pararrayos. (…)

Volvió su espalda el cielo.
Camisetas azules y granas flamearon,
apagadas, sin viento.

El mar, vueltos los ojos,
se tumbó y nada dijo.
Sangrando en los ojales,
sangrando por ti, Platko,
por tu sangre de Hungría,
sin tu sangre, tu impulso, tu parada, tu saldo,
temieron las insignias (…)



   Pola antoloxía desfilan poetas ben coñecidos: ademais do escritor gaditano, están presentes Gioconda Belli, Mario Benedetti, Gabriel Celaya, Luis Alberto de Cuenca, Eduardo Galeano, Gerardo Diego, Vicente Gaos, Miguel Hernández, Clara Janés, Mújica Laínez, Enrique Badosa, Nicanor Parra, Blanca Varela, ademais de Raquel Lanseros, Carlos Marzal, Benjamín Prado, Kirmen Uribe, Sabina e Serrat, Ángeles Mora, Blanca Varela, Vicente Gallego, Eduardo Chirinos, Óscar Hahn ou Juan Bonilla entre moitos outros, Unha alineación de luxo para que, co tema universal –e particular- do fútbol, poidamos gozar dun partido único co balón convertido en metáfora dos pequenos e grandes acontecementos de cada día.
 
Foto de Ricardo Grobas
   Aos que amamos a poesía e, ademais, nos gusta o fútbol, Un balón envenenado constitúe un verdadeiro agasallo para os nosos sentimentos. Xa está ben (e que me perdoe o meu amigo Paco Ibáñez–que ten moita razón nos seus ataques ao fútbol-) que esta sociedade nosa non poida conxugar versos e pases de gol ou paradas dos porteiros. (Iríbar, admírote).
 
José Ángel Iríbar
     Así que mafias á parte, presidentes corruptos, violencia nos estadios (algo que odio profundamente),cantos racistas (non é a primeira vez que me enfrontei en Balaídos a alguén),  berros que me anoxan etc., que Messi ou Maradona ou Zidane, Xavi ou Iniesta, Modric ou Neuer co balón nos seus pés ou nas mans fagan con el obras de arte, permítenme gozar do marabilloso que pode chegar a ser este deporte e sinto os seus trazos como versos escritos sobre un céspede de veludo.

   
Zinedine Zidane
   Leamos os poemas contidos en Un balón envenenado.(Edit. Visor. 2012).

   Pagan a pena.

   Vexamos algúns deles.



Diego Armando Maradona
MARADONA


Hoy tu tiempo es real, nadie lo inventa.
Y aunque otros olviden tus festejos,
las noches sin amor quedaron lejos
y lejos el pesar que desalienta.


Tu edad  de otras edades se alimenta,
no importa lo que digan los espejos,
tus ojos todavía no están viejos
y miran sin mirar más de la cuenta.


Tu esperanza ya sabe su tamaño
y es por eso que no habrá quién la destruya.
Ya no te sentirás sólo ni extraño.


Vida tuya tendrás, y muerte tuya.
Ha pasado otro año y otro año le has ganado a tus sombras
Dios del fútbol ¡Aleluya!

                                         Mario Benedetti.



Enrique Badosa


XVIII

Ya está en orden el caos de este pueblo.
De nuevo somos grandes y triunfales.
Con entusiasmo todos entonamos
el himno patrio: “Do, re, mi, fa, gol”.

                                            
                                            Enrique Badosa






AQUELLOS VIEJOS TIEMPOS DEL FÚTBOL EN ESPAÑA


Aquellos viejos tiempos del fútbol en España,
cuando un pase genial de Di Stéfano a Puskas
Alfredo Di Stéfano
borraba de un plumazo todos tus sinsabores
de niño solitario, bulímico y neurótico.


Tiempos en los que hubieses dado tu alma
a cambio de un balón. Horas muertas corriendo por el césped
imitando a tus ídolos, soñando con jugadas
imposibles que siempre terminaban en gol.


Tardes de los domingos marcadas por el fútbol
que sonaba en la radio. Tardes en que las cosas
eran mucho más dulces si tu equipo ganaba
y mucho más amargas si tu equipo perdía.


Qué te queda de aquello. Viejas alineaciones
que repetir delante de los viejos amigos,
y un nudo en la garganta cuando alguien te recuerda
los años que han pasado.


                                  Luis Alberto de Cuenca








INIESTA Y DIEZ MÁS


Andrés Iniesta

El gol de Maradona a Inglaterra es Neruda.
En los poemas de Auden se ve jugar a Cruyff.
Zidane fue un García Lorca que esquivaba las balas.
Iríbar fue la nieve negra de Paul Eluard.


Un eslalon de Messi es un verso de Borges
y Cristiano Ronaldo, Pessoa entre los lobos.
Beckenbauer fue Rilke saliendo de un castillo.
Romario era Anna Ajmátova conquistando Moscú.


Por lo visto, Di Stéfano y Pelé fueron Shakespeare.
Pero Iniesta es Cervantes y en España es lo más:
el Quijote y su gol contra Holanda en Sudáfrica
son las mejores obras que ha dado este país.


                                               
                                                
                                  Benjamín Prado





FÚTBOL


juega con la tierra
Blanca Varela
como una pelota


báilala
estréllala
reviéntala


no es sino eso la tierra
tú en el jardín
mi guardavalla mi espantapájaros
mi Atila mi niño


la tierra entre tus pies
gira como nunca
prodigiosamente bella



                        Blanca Varela
                              





                                                                                                                                                                                                                                                       ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO