lunes, 31 de agosto de 2015

DARDO POÉTICO (XXV). Micropoemas fascinantes do cineasta iraní Abbas Kiarostami.





Sorpréndeme ver na miña libraría habitual un libro de poesía do cineasta iraní Abbas Kiarostami. Gústame este director que me fixo gozar de filmes tan soberbios como O sabor das cereixas, Palma de Ouro no Festival  de Cannes de 1997, Onde está a casa do meu amigo ou A vida continúa, entre outros.

    

     Desconfío das diversas facetas dos personaxes que tocan demasiados paus. Sabía das súas inclinacións pictóricas, dos seus  magníficos documentais e intuía que había moita lírica dentro dun artista coma el. Pero sorprendeume e alegroume poder follear o libro e sentirme tan ben lendo os seus pequenos poemas.
     
     O poemario editado pola Editorial Salto de Página (2015) está coidado ao máximo e ten un deseño elegante que convida a abrilo.
     
     Eu fíxeno perante a chamada do autor pero que unha das tradutoras fose a miña querida e admirada  Clara Janés foi definitivo. Abrín o libro, fun lendo os poemas de Kiarostami e fíxome pensar na carga lírica que posúe todo o que crea este home.
     
     Había beleza e dureza nas mostras poéticas. Axiña me decatei de que utiliza as palabras para encher con imaxes todo aquilo que a palabra non é quen de configurar. Hai emocións contidas nos poemas e o autor plasma con fondura momentos ateigados dun existencialismo expectante.

     Coincido con Francisco Calvo Serraller cando afirma que “os micropoemas de Kiarostami son destilacións do máis xenuíno e feramente humano: a conciencia do tempo, cuxa forza perentoria se nos amosa só a través de sobresaltos instantáneos. Palabras, que son pingas de silencio; imaxes, que son pingas de luz: destilacións da alma poética dun artista”.
 
Abbas Kiarostami
     Resultaría imposible desvincular a poesía de Kiarostami dos seus filmes, porque os que nos interesa o seu cine ben sabemos que está cheo de poesía. Por iso, aplaudo o que afirma Mortezá Kají cando escribe que “a poesía de Kiarostami é a continuación natural e evolucionada do seu cinema; unha natureza únese a un destino, evítase a presunción de ensinar ao interlocutor e non busca a categoría superior de mestría na súa tarefa. A esencia da súa poesía é a mesma sinxeleza, sinceridade e precisión. Neste sentido chega a niveis que non necesariamente podería chegar no cine”.

     Traducido por Clara Janés e Ahmad Tahería, cun prólogo moi acaído de Santos Zunzunegui, El viento y la hoja, que así se titula o poemario, é unha xoia para saborear con calma, gozar da delicadeza da palabra poética, das imaxes fascinantes que ofrece, para ler e reler, para reflexionar e comprender a grandeza do ser humano cando ten por obxectivo alimentar o espírito dos seus coetáneos.
     
     E non quero deixar de dicir que para min o cine de Abbas Kiarostami é “ cine poético”. De aí que non sei como me estrañou dar con este poemario tan excelente. Quizais porque resulta   pouco habitual que estas editorias pequenas cheguen ás librarías e atopar os seus libros nas mesas convértese nun verdadeiro milagre.
     
     Pero, que ben!

  

Fotografía de Abbas Kiarostami




I

Esta noche tengo cita
con la luna
con la luna llena
a las siete
menos siete

 
LI

Las hierbas recién nacidas
no recuerdan
a los viejos árboles


CIII

En otro lado del río
trabajan los agricultores
en este lado, las mujeres en los arrozales
entre ambos
crecen los niños



CLXXVIII

El viento
se llevó al pájaro a donde él quería
donde
el pájaro no quería

Fotograma do filme "Onde está a casa do meu amigo?"


CLXXX

Labios sedientos
una fuente
manchada de sangre


CLXXXI

Tierra seca
un río sin agua
un trozo de nube agotada
agua en los ojos del aguador



CCLI

De "O vento lévanos"
Retiro del espejo
la visión de
la vejez
se queda en la memoria


CCLXXXII

Cuando se rió
me reí
cuando lloró
lloré
cuando habló
escuché
cuando hablé

huyó