jueves, 2 de junio de 2016

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XLIX) María Xosé Lamas





                                     MARÍA  XOSÉ  LAMAS  (Vilalba, 1961)





CUARTO CRECENTE


Tan só amaosando
metade da cara
María Xosé Lamas
vén cantando a Lúa
unha doce nana.

Para que adormezas,
verbas de arrolar
canta Catalina
seu doce cantar.

“Durme meu ruliño,
que te hei de levar
por riba dos montes,
dos vales e o mar.

até a miña saia
branca de percal
onde durmas ledo
e podas soñar.”

Se pechas os ollos
e pensas no ceo,
sairá a Lúa
da man dun luceiro.




A MAÑÁ: ESPERTA!


Por detrás dos montes
de cor azulada,
aparece o sol
estreando a alba.

Deitada na cama,
soñando encantada,
escoito unha voz
moi tenra que chama:

Ilustración de Minia Regos
Esperta, neniña,
xa é de mañá!
Esperta, que o almorzó
vai  arrefriar!

Un bico na cara
faime acordar;
boquexo estricada
de brazos e mans.

De pé sobre a alfombra,
ollo cara a fiestra.
Un día de sol,
un día de festa!




ABRIL


Chove maino e miudiño
nos días do mes de abril.
Chove miudiño e maino,
chove a mares, augas mil.

Ilustración de Minia Regos
As pingas caen do ceo
espetándose no cahan;
afondando até o seu seo
asolagan todo o val.

Os regatos corren cheos
por entre os xuncos ergueitos,
entre cucos e codesos,
entre o verdor dos salgueiros.

Andoriñas, lavandeiras,
cotovías e pardais
aledan as súas ribeiras
con voces de agarimar.

Chove maino e miudiño
sobre as rúas e os xardíns.
Chove miudiño e maino,
chove en abril augas mil.




(Do libro Cantigas para aprender a soñar, editado por Edicións Embora, 2015. Premio “Arume” de poesía infantil, 2013)