martes, 31 de mayo de 2016

A LUZ DAS PALABRAS ( 54 ) Baldo Ramos




Coñecín a poesía de Baldo Ramos aló polo ano 2009, cando caeu nas miñas mans un libro de poemas editado por Sotelo Blanco na súa colección Edoy Leliadoura. O seu título, Palimpsesto. 


Del lembro que me impresionara o poema seguinte:


CARTAS QUE FORON ADIADO ANTICIPO
beleza adulterada con palabras apócrifas

pedíchesme as cinzas e concedinche o ourego

pechaches as fiestras da soidade
e as radas do pracer socavaron as inguas

recuperaches a caligrafía do engano
cando non quedaba nada que poder calar
e comprendiches a tensión dos espazos baleiros
na ideoloxía da deserción
na breve opacidade
dunha luz que non se ve
nin nos comprende

   
      Logo me decatei de que estaba diante dun poeta que me ía interesar. Así foi. A obra deste licenciado en Filoloxía Hispánica, poeta e artista plástico pousou en min cun peso evidente. Unha obra singular, con poemarios compartidos e un volume fermoso e orixinal, CaRa inversa, en coautoría co tamén poeta Xosé Mª Álvarez Cáccamo.

     
Baldo Ramos  (Foto de Anxo Cabada)

Este celanovés ten no seu poder diferentes premios literarios e unha chea de exposicións plásticas en diversas galerías e museos do país, ademais de ser autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.
     Gocei, non hai moito tempo, co libro Trona, o merlo, no que pon a súa calidade plástica ao servizo dos poemas de Luís Valle, nun poemario que me pareceu dun grande interese en ambas facetas.
      
     

     O último libro que lle lin é Cartografía do exilio (Deputación da Coruña) do que quero poñer aquí este poema:



o tempo é unha metáfora da escrita.

descifrala é percorrer o labirinto da morte.

semella inútil desoír
os pasos que nos fixeron desandar
un camiño sen respostas.

a palabra é o formol que se destila
no alambique da nudez.


     

     
     Obviamente non podía faltar Baldo Ramos nesta sección d´”A luz das palabras”. Pedímoslle unha colaboración e moi xenerosamente  enviounos a seguinte “Homenaxe a Eugenio Granell”, que reproducimos cunha enorme satisfacción.





Baldo Ramos



O PAXARO PI | DIÁLOGO CON EUGENIO GRANELL | BALDO RAMOS

Penetrar en la selva fue tarea fácil. De pronto nos encontramos sumidos en la selva.
Tuvimos que recorrer un penoso camino, durante el cual se manifestaron los signos inequívocos del sueño y del terror. El caballo piafó y se encabritó cuando una serpiente cruzó veloz el campo, dividiéndolo en dos. De un árbol petrificado al que abrazaba un torrente de lianas, brotó un enjambre de arañas de león que tiñó de amarillo la luz de la luna.

Con todo, conseguimos avanzar.
Conscientes de que abondaban dúas letras para erguer a maquinaria celeste das nove cúpulas que soportan as contradicións do poema, entramos na noite coa certeza da bubela que desvela os segredos de Salomón e non pregunta.
O cabalo, exhausto, bebeu no río de leite e mel no que a linguaxe evita a antonimia e a compracencia.
E confiou na cegueira.
No territorio da cegueira, os reis camiñan a catro patas e ninguén se axeonlla diante deles.
Ignoran as regras da analoxía e iso impídelles dar cos camiños de acceso.
Algún sufriu a tentación do goberno, pero os paxaros de Farid Uddin Attar encargáronse de abortala.
Na cegueira, as raizames do primeiro voo poden rastrexarse a simple vista, se o paradoxo se interpreta dende o centro do padal e conseguimos que as malas linguas non delaten o celo da pantera.

Millones de minúsculos gusanos gaseosos nos cubrían los pies. Nuestras caderas se ornaban con transparentes flores líquidas, microscópicas flores aterradoramente voraces. Al devorarse entre sí nos causaban quemaduras y ásperas heridas en la piel. Sudábamos tierra. Allí había un lago de obsidiana derretida. Viscoso, caliente, movedizo, adormecido. Era la polución de la selva. Comprendimos: habíamos llegado.

O tambor do horizonte tensaba as nervaduras do amencer.
A luz era líquida como lava seminal que remonta a ollada primeira ata dar coa espiña dorsal da transparencia.
Mentres fervía o opio nas olas da consagración, unha muller con ollos de bubela abriu un libro en forma de mazá que ofreceu ós incrédulos que termaban da pedra circular da felonía.
Aínda escrito nunha lingua xa esquecida, a muller con ollos tinta soletreou o nacemento do Paxaro Pi, unha vez que considerou as consecuencias de ter falseado as escrituras da fundación da cidade e a interpretación do seu canto.

Pero ella, seca de sed de amor, divisó el aleteo circular del Pájaro Pí.
El Pájaro Pí con membranas de aceite de cacao.
El Pájaro Pí con antorchas de sabután trenzado.
El Pájaro Pí, que inocula chicha en las membranas de las hojas secas.
El Pájaro Pí, portero del canal que conduce a la selva.
El Pájaro Pí, coronado de silencios en punta.
Con una sola pluma, aunque sea muy tierna, el Pájaro Pí borra todas las huellas.
El Pájaro Pí, sedante.
A veces, el Pájaro Pí es grandioso y cálido como el rumor que emana del rocío.
El Pájaro Pí, tan amable, cuidó nuestro caballo.
Oh, gran Pájaro Pí, el caballo era un montoncito de granuladas. Sus cuatro patas, buen Pájaro Pí, eran cuatro raíces. Oh, Pájaro Pí de raíces aladas. Sus crines, las diminutas plumas del Pájaro Pí mismo.
El Pájaro Pí aulló y se desplumó.
Sólo fauces, el Pájaro Pí.
El Pájaro Pí, temblequeo de flechas y semillas.
No; el Pájaro Pí era –esto es lo que era verdaderamente-, era el húmedo secreto de la selva.

E na selva quedou para rendir contas do seu canto.
Paxaro Pi de afiados silencios de cristal.
Paxaro Pi que aniña entre as palabras que borrou o alzheimer.
Paxaro Pi que aprende na cartografía do baleiro, mesmo antes de asumir o retorno.
Dende a cantiga 103 de afonso X, o Paxaro Pi remonta o río da eternidade para corresponder co seu exilio.
Sente o roncexo delator do vento que o afastou do paraíso.
O paraíso primeiro.
O que ignora a linguaxe dos paxaros e evita a resposta ambigua do condenado a morte.
Pero hai outro paraíso.
E o Paxaro Pi coñece a súa cartografía ascendente, vertical como a complicidade coa sombra, como a tinta que delimita as voces que inxectaron de púrpura os misterios da fecundidade.

Todo se renueva. Todo continúa. Todo se repite. Todo sigue igual. El ciclón es ciclón, el volcán terremoto, la selva es el río, el río es el volcán, el día es el ciclón, la noche ya no es noche o sí lo es aún. Al manejar su máquina, el Pájaro Pí se extasía. Queda envuelto en un torbellino de visiones que juntan en los aires las cúpulas urbanas de Coria, Burgos, Guanajuato, Soria, Manila, Charleston, Valparaíso, Lima, Bogotá y Jerez de la Frontera vacío de dentistas y gitanos.
Reina el más estricto orden lógico.
Una vez fecundado el Pájaro Pí, que es pájaro-nube, que es pájaro-lluvia, que es pájaro-piedra, que es pájaro-espejo, su varonil palmera capital riega las tierras. La maquinaria de hojas, raíces, aves y luces no hace más que engullir crepúsculos y auroras.
Si aletea, el Pájaro Pí abanea el volcán.