EMMA PEDREIRA
(A Coruña, 1978)
O DOMINGO
O
inmundo renxido do silencio dos domingos de chuvia
/
xerminou o corazón en flor
e
morreu de avésporas?
As
xanelas protexían das fuxidas e ceibábanme daquel
medo.
Por
que será que con luz de distancia semella lenda o
/ normal espectro
dunha
boca
calada
para sempre?
A
EXCLUSIÓN
Abriu
un carreiro de silencio este lume arremetendo
/ a terra.
Para
limpar saciou ese oco este frío.
Creou
unha carocha docísima, impracticable,
esvaradía
e falsa.
Unha
pegada onde non cabe o pé de ninguén,
a
despoxarnos de agocho e de sementeira.
Isto
é o que provoca un exilio.
Envorcar
todos os ecos nun só vulto de equipaxe.
Nos
vidros da memoria desfíxose a casa entalada nas
/ pozas de novembro,
cousa
de non tocar, de perigo.
E
xa somos os perdidos
onde
para sempre as bocas deixaron de dicir os nosos
/ nomes.
EUME
Moi
amodo fuches primeiro amor sobreimpreso
n aterra.
Non
estabas derretido nos gumes da aldea como o estás
/ agora pola miña boca,
nin
eras no tempo como a pel dos meus ollos.
Disque
só pedías un sacrificio cada tantos anos.
Eu
dispúxeme, na miña perda, como vítima propiciatoria.
(Do libro s/t, editado
por
Edicións Xerais. 2015, co que gañou o “III Premio de Poesía Gonzalo
López Abente”).