JAVIER KRAHE (1944 - 2015)
Rebelde fronte aos convencionalismos e cunha ironía feroz para reflectir na canción o seu compromiso coa sociedade.
Como di O Gran Wyoming: "Lémbroo coma un home sabio, non só por erudición, que non deixou substituto nin escola. Dominaba a súa contorna e sabía decote o que había que facer, como había que facelo e cando". (infoLibre)
Joaquín Sabina afirma "que a música, a poesía, o humor, o cinismo, a decencia, o saber vivir están absolutamente de loito". (infoLibre)