XOÁN
BABARRO ( Calvelo de Maceda, 1947)
Vaca
cachena,
linda
melena
que
o vento ondea,
Xoán Babarro. (Foto tomada do blog Palabras y mundos) |
vai
de verbena.
E
ao son da lira
que
a fantasea,
versos,
romances
co
seu menú,
vaca
cachena
é
unha artista
da
pasarela de Hollywood.
·
*Funlle
pedir leite á vaca e a vaca pediume herba; funlle pedir herba ao prado e o
prado pediume rega, canta a copla.
Era
unha xoaniña,
barrosiña,
costureira,
voaniña,
que
veu e que foi,
que
dez dedos
me
contou,
que
un…
e
que dous…
Dous
puñiños me deixou
e
aínda non me casou.
·
* Buburuzá-ruzá,
zboará; çi unde vei zbura, acolo má voi márita [Xoaniña-niña, voa da folliña;e,
onde vaias voar, aló irei casar], dinlle en Moldavia.
Fermosa
dama,
a
donosiña,
vaise
de marcha.
Donda
elegancia
nos
seus andares
cando
ela pasa!
·
* Donosiña,
donosiña, come pan, come sardiña!,dicíaselle na Coruña.
En Sicilia, bérranlle para que non leve as galiñas…Baddòttula, baddottulìna, nun tuccari la gaddina!
Ilustracións de Estefanía Padullés |
Pintasilgo
é un frautín,
o
galano do xardín.
E
do cardo para a coella
espilido
arco da vella.
E
o seu dedo monín…,
onde
o ten?, que non llo vin.
· *Arco
da vella, revólvoche a pedra co el dedín moneco. Antes da noite que te vexas
seco!, dise en Ibias.
O
piratiña
ten
cen goridas
e
nas cen xoga
Ilustracións de Estefanía Padullés |
ás
escondidas.
Mostra
o fociño,
mostra
o bigote,
os
dous olliños
e
o rabichote.
Aí
vén o gato…!
Xa
está seguro
noutro
burato.
·
* Vale
máis estar fraco no souto, ca gordo no cu do outro!,
dixo o rato do monte ao ver o gato na casa.
(Do libro O baúl de Domingos Quintas, editado por
Hércules
de Edicións, 2017)