Mostrando entradas con la etiqueta polas súas obras lembrarémolos / as. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta polas súas obras lembrarémolos / as. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de noviembre de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS / AS ( 14 ) Xosé Neira Vilas


Xosé   Neira  Vilas


A morte vén golpeando  forte na literatura.
     E faino en seres entrañables
     Xosé Neira Vilas foi un ser entrañable capaz de englobar os sentimentos dun pobo na literatura. Os sentimentos de cada un dos galegos cos que viviu, cos que sentiu, cos que se laiou. Porque Neira Vilas amosou sempre unha Galicia, a del e a de todos, que se fundía nos sentimentos máis íntimos. E tamén nos sentimentos que lle producían carraxe. Os que tiña decote no seu punto de mira. Cando o abracei na Habana, no ano 2008, sentín unha emoción ben profunda.

Na Habana (2008)
     
     Memorias dun neno labrego foi o primeiro libro que eu lin en galego. E o primeiro libro no noso idioma que leron os meus alumnos de 8º de EXB. Despois, “O ciclo do neno” completo. Logo, moitos máis, mesmo Cantarolas, un delicioso poemario para nenos con poemas de Neira Vilas e Anisia.

     



     Versos e aloumiños quere renderlle unha homenaxe. E quere facelo publicando dous textos breves que pertencen ao seu libro, Aquel neno, publicado por Edicións Embora. Uns textos cheos de agarimo polo ser humano, agarimoso como era el, e que ven a luz aquí grazas a  Miguel Toval, editor, a quen lle agradecemos o permiso que nos dera tempo atrás para publicar algún destes relatos breves no noso blog-revista.
As ilustracións, moi significativas, son de Xosé Vizoso.






LOITO


SEMPRE VIU Á NAI VESTIDA DE NEGRO. E Á Avoa, e ás outras mulleres da familia. E ás veciñas maiores. Só as nenas e as mociñas vestían con roupas doutras cores, ás veces, pois dende os dous anos xa lles poñían loito tamén ás cativas. Pero el cando menos quixera ver algunha vez á Nai con outra roupa. Había uns anos marcados para iso, xa fose Pai, fillo, irmán, Avó… E se se trataba do home era de por vida. E díxollo. Díxolle que quixera vela algunha vez vestida doutra maneira, pero para ela sería un sacrilexio. Así era o costume e cumpríao.





MENDICANTE


PASABA POLA ALDEA CADA CERTO TEMPO. Pedía esmola, e sempre lle daban algo. Vestía farrapos. Levaba un sombreiro de palla na cabeza. El achegóuselle. Faloulle. Acompañouno ata a outra beira do río. Turroulle da lingua e foi sabendo que era da beiramar; que estaba só no mundo; que fora xornaleiro pero que agora, debido ós seus anos e ós seus achaques xa non o chamaban; que de noite durmía nalgunha palleira ou debaixo dun hórreo. A el doeulle a miseria daquel home, voltou á casa, ergueu a tampa da artesa, cortou unha rebanda de broa e deulla. O forasteiro agradeceu, bagoxando.






                                           Fernanda Tabarés entrevista a Xosé Neira Vilas en Vía V. 





A Semente de Trasancos é unha nova escola de ensino en galego e fixeron esta curtametraxe na que falan con Neira Vilas de múltiples temas relacionados coa lingua, o ensino e demais.

Podedes vela aquí abaixo.



viernes, 20 de noviembre de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS / AS (13) Allen Toussaint





                                ALLEN  TOUSSAINT  (1938 - 2015)

Unha das figuras máis influentes da música de Nova Orleans, onde residiu case toda a súa vida.
     Foi un prestixioso produtor musical, ademais de cantante, compositor e pianista. Conxugou moitos xéneros, converteuse nunha lenda viva do rhythm and blues e conseguiu darlle solidez á música da cidade que respira sons por todos os seus recunchos.
     Claramente influído por Fats Domino e o Professor Longhair, a partir dos primeiros anos volveu acadar o prestixio que perdera nos oitenta.
Allen Toussaint


 Allen Toussaint faleceu en Madrid, tras un magnífico concerto no Teatro Lara, debido a un paro cardíaco.
     Este home que posuía recoñecementos varios foi venerado por figuras da música de tanto nivel como os Rolling Stones, Otis Redding ou Paul McCartney entre outros.

     Vexamos e escoitemos dous momentos da súa última actuación en Madrid. Coa segunda canción, pechou o concerto (Segundo vídeo).






     Quen ía pensar que pouco máis tarde se producise tan cruel desenlace?



miércoles, 7 de octubre de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS / AS ( 12 ) Henning Mankell.







                              HENNING  MANKELL  (1948 - 2015)


Ensaísta, novelista, dramaturgo, este home nacido en Estocolmo, creou a serie policiaca do coñecido inspector Kurt Wallander. Doce títulos. Doce novelas negras que lle deron un recoñecemento universal.

     
Henning Mankell


     Mais, dende Versos e aloumiños, queremos salientar con orgullo os seus libros xuvenís, dunha calidade fóra do común. A tetraloxía que inclúe Las sombras crecen al atardecer, El niño que dormía con nieve en la cama, Viaje al fin del mundo e El perro que corría hacia una estrella (Premio Rabén & Sjögren ao mellor libro xuvenil 1990 e o Premio alemán ao mellor libro para mozos 1993) e a triloxía formada por El secreto del fuego, Jugar con fuego e La ira del fuego, están escritas cunha intelixencia innegable. Literatura poética, comprometida cos seres humanos. Literatura en loita contra as inxustizas do mundo a través dunha enorme forza creadora.

     


      Así comeza a novela xuvenil, dedicada aos seus netos, El perro que corría hacia una estrella (Ed. Siruela):

     El perro. Fue con él con el que empezó todo. Si no hubiera visto al perro solitario quizá no hubiera ocurrido nada. Nada de lo que después se convirtió en algo tan importante que cambió todo. Nada de lo que primero fue emocionante y luego espantoso...



jueves, 1 de octubre de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS / AS (11) Phil Woods







                                                               PHIL   WOODS    (1931-2015)



Encadrado dentro do movemento jazzístico bebop , este saxofonista nacido en Springfield (Massachusetts) foi un exquisito clarinetista e saxofonista alto e que tamén, ocasionalmente, tocou o soprano.
Apodado o "New bird" polo seu estilo semellante ao gran Charlie Parker, marchou a Francia onde liderou un grupo de jazz vangardista. Á súa volta aos EE UU formou un quinteto que se desfixo en 2004.





Phil  Woods




Podedes ver e escoitar a Phil Woods no vídeo que segue, acompañado por Rufus Reid (baixo), Cedar Walton (piano), Mickey Roker (batería), interpretando "Goodbye Mr. Evans", nun concerto en Stuttgart en 1989.














martes, 14 de julio de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS /AS (9) Javier Krahe





                    JAVIER   KRAHE    (1944 - 2015)

    Rebelde fronte aos convencionalismos e cunha ironía feroz para reflectir na canción o seu compromiso coa sociedade.

   


Como di O Gran Wyoming: "Lémbroo coma un home sabio, non só por erudición, que non deixou substituto nin escola. Dominaba a súa contorna e sabía decote o que había que facer, como había que facelo e cando".  (infoLibre)

   Joaquín Sabina afirma "que a música, a poesía, o humor, o cinismo, a decencia, o saber vivir están absolutamente de loito".  (infoLibre)



  

martes, 23 de junio de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS / AS ( 8 ) James Salter








                                  JAMES  SALTER   (1925 - 2015)
James Salter
A figura deste narrador norteamericano, autor dunha obra curta (seis novelas e dous libros de relatos), foi revalorizada co paso do tempo e converteuse nunha icona da actual literatura estadounidense.

Oito libros de referencia polo coidado da súa prosa, sutil e exquisita, na que plasma intensas paisaxes narrativas con pinceladas lacónicas e palabras precisas con oracións dun claro valor poético. (Diego Gándara)

"Setembro. Semella que estes días luminosos non rematarán nunca. A cidade, case deserta en agosto, estase a encher de novo. Repobóase. Todos os restaurantes e comercios volven abrir as súas portas. A xente retorna do campo, do mar, de viaxes polas estradas ateigadas de tráfico. A estación está ben concorrida.Hai nenos, cans, familias con equipaxes atadas con correas. Ábrome camiño entre todos eles. É como atravesar un túnel. Por fin saio á luminosidade do quai, debaixo dun gran teito de cristal que parece agrandar a luz" (...)

Comezo da súa novela "Juego y distracción" (Ed. Salamandra.2013).
Versión galega de Antonio García Teijeiro sobre a tradución ao castelán de Jaime Zulaika.