ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA (Lugo, 1942)
ROSALÍA
XUNTO Ó
MAR DE CARRIL
Orballan
as horas miudas sobre deste mar
tan
quedo que me dá alento,
e
veñen, veñen as ondas ata esta orela de sombra
mesmo
coma se renderan no esteiro
do
meu baleiro corazón.
Toda
a miña vida e maila miña morte aquí están,
son
isto que vexo,
unha
ollada a aquela illa de luz,
vagas
de vazar e altas escumas
de
ás brancas,
paxaros
de cinza que do escuro do bosque
niño
de herba fan no meu peito doente,
nesta
miña causela de dor
e
de ausenza.
Quixen
esta ollada derradeira sobre deste mar,
tal
eran a ansia, e a sede, e tamén o desamparo
que
por de dentro me aloureaban,
aburaban
as pólas esmaceladas do meu sangue,
e
sega facían nas mañizas de todo o meu vivir.
Son
os ollos do corazón os que velan e ven,
pois
cguiña estou, filliña da Noite,
tempo
e tempo hai xa.
Sen
sentilos van os días por min
coma
un asubío de sombra
acó,
deitada no leito,
soa,
soa,
soíña,
vendo
as ramallas do solpor que chegan,
que
caen contra a ventá baleira
de
luz,
e
nada hai, e nada hai, e non
hai
nada,
só
esta escuridade mesta, a Sombra
que
me asexa,
a
alcoba pechada de silencios,
e
fora, alá, o mar, o mar
sempre,
sempre
o
mar,
o
eterno e mouro vazar da Morte…
Velan
os ollos e nada ven,
e
miñas son a sede e a inseguranza.
Ai!,
viñera para estes ollos meus
a
venda do celeste,
a
voz nos meus oídos xordos
dos
deuses benévolos,
o
amparo dunha man, dun agarimo,
un
conforto nesta hora
de
tódalas horas,
cando
sinto que todo, todo se me vai,
todo
se me esvaece coma si a vida,
este
meu vivir, os anos meus
a
penas un sono foran,
un
lampo de luz
que
nas mans de cinza queda murcho…
Todo
está neste mar, todo
está
neste mar
que
cos ollos cansos vexo ó lonxe, moi ó lonxe,
mentres
os fiaños do solpor veñen,
e
preto de min sinto a Noite,
e
na Noite os pasos da Sombra
que
chega,
que
chega de vagariño, solermiña,
infinda
e posuidora…
(Do libro As voces da máscara. Centro
PEN-Galicia. 2014)
Texto de Arcadio López- Casanova.
(Consello da Cultura Galega)