sábado, 11 de julio de 2015

UN MAPA IMAXINARIO DE PALABRAS E DEBUXOS: “NO AHOGAR PESCADO NI COMERLO SENTIMENTALMENTE “ É UN SUXESTIVO POEMARIO DE PATRICIA MEIRA


Púxomo na man unha amiga  que quero moito. Díxome que o lese. A ela gustoulle e quería compartilo comigo. “Se che gusta podes poñer algo no blog” engadiu.

     Dixen que á miña amiga lle gustara. Unha vez lido, teño que afirmar que non me estraña nada. A min, tamén. E moito.
No ahogar pescado ni comerlo sentimentalmente (Ed. Elvira.2014), que así se chama este libro, é o primeiro poemario de Patricia Meira, nacida en Monforte e que vive en Vigo dende hai un tempo. Filóloga e educadora social, Patricia é unha apaixonada do teatro onde participa activamente como actriz, directora a guionista. Escribe e le poesía (ben se lle nota) dende que ten conciencia e é membro,dende hai uns anos, da revista e grupo poético Formas Diversas.

     Non vou facer crítica ningunha, pois eu non son crítico. Simplemente quero dicir que este poemario me impactou. E non só me impactou senón que me emocionou.

     E fíxoo xa dende os dous primeiros versos:
No quiero encender la calefacción hasta reventar de calor, /ya sabes cómo soy. Sabes que vivo la vida descompensada…
e cada vez que lía e lía  poemas fun descubrindo un tecido poético sólido e directo, sen contemplacións que me enganchaba máis e máis:
(…) Esta noche no voy a morir.
Aún me queda por amar a todos los poetas y desviar esta soberbia hacia un centro comercial bajo cero (…)

Patricia Meira na presentación do poemario

     No ahogar pescado ni comerlo sentimentalmente é un poemario no que a autora íspese e faino dunha maneira crúa mais chea de mensaxes sen filigranas poéticas.
Versos mollados na chuvia dos sentimentos máis fondos que desexa expresar por necesidade.:
(…) Pronto se me empezaron a notar las costillas de tanto vomitar a un dios que me resecaba por dentro y se carcajeaba con fuerza mientras se me iba la vida por entre mis dedos diminutos y gordos (…)

     Poesía dura. Poesía que sacode. Poesía que non deixa indiferente. Poesía, poesía.

Vuelvo a casa
con los zapatos cansados,
cercenada de tu exigencia
de tu ambición hacia la persona que yo no soy (…)

     Un poemario que vén sendo unha viaxe polos momentos dunha vida, pola traxicomedia do cotián:

(…) En aquellas tardes, nada movía el silencio, amanecíamos ya con las uñas renegridas a estas horas, buscando puertas:
exit
salida
sortie.
Atravesadas las murallas, los vendavales de polvo y ser desierto en un oído (…)

     Verbos como atravesar, abrir, acabar, lamentar, escapar, desconcertar, poder, arrasar e tantos outros marcan un poemario que te engole:

(…) Yo soy una persona de habla izquierda y de antítesis en el cerebro (…)

     
Patricia Meira

     Un poemario que che fai recoñecer as esquinas das persoas que pululan pola vida, ese espazo atemporal no que vive a poeta.

     Xa dixen que non son crítico.

     Pero debo confesar que estes versos me emocionaron; fixeron que me detivese no esqueleto das imaxes, na fisonomía das palabras, na agulla punxente do diálogo entre as ilustracións inquietantes de Edson Fernández e da ironía, o humor negro do discurso poético de Patricia Meira.

     Un poemario do que gocei enormemente.

     Un poemario que me abriu ventanas cara a uns espazos habitados por respiracións ásperas, a ruídos covertidos en rabuñaduras íntimas e a sentir que me chaman “a golpes de soliloquio,/que pronuncian mal mi nombre” pero que non son quen de que lles diga adeus.

     Pura expresión poética, desgarrada, descarada, ateigada de escepticismo, pero capaz de converter a dura realidade en emocion literaria. Poemas que roen no máis fondo do lector entregado á poesía sen aditamentos inútiles.

     Neste poemario nada é superfluo.
     Este poemario é un doloroso pracer.



                                                                                                                   ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO