viernes, 3 de julio de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (LII) Cesare Pavese





             CESARE  PAVESE   (Santo Stefano Balbo, 1908 – Turín, 1950)




Virá a morte e terá os teus ollos,
Cesare Pavese
esta morte que nos acompaña
desde a mañá á noite, insomne,
xorda, como un vello remorso
ou un vicio absurdo. Os teus ollos
serán unha palabra inútil,
un berro calado, un silencio.
Así os ves cada mañá
cando te inclinas soa
sobre o espello. Oh, doce esperanza,
aquel día saberemos tamén nós
que es a vida e a nada.

Para todos ten a morte unha mirada.
Virá a morte e terá os teus ollos.
Será como deixar un vicio,
como ver no espello
emerxer un rostro morto,
como escoitar un beizo pechado.
Descenderemos mudos ata o abismo.




A  CASA

O home só escoita a voz calma
coa mirada entornada, coma se unha respiración
lle alentase no rostro, unha respiración amiga
que se remonta, incrible, ó tempo ido.

O home só escoita a voz antiga
que os seus pais, noutrora, oíron, clara
e recollida, unha voz que como o verde
dos estanques e os outeiros escurece á noitiña.

O home só coñece unha voz de sombra,
acariciante, que abrolla nos tons calmos
dun manancial secreto: bébea absorto,
pecha os ollos, e non parece que a teña ó lado.

É a voz que un día detivo o pai
do seu pai, e a todos os do seu sangue morto.
Unha voz de muller que soa secreta
no limiar da casa, ó caer a noite.




                                                                  

                                                                              (Do libro  Poesías do desamor, editado por Rinoceronte Editora. 2009). Tradución do italiano de Moisés Barcia.