ALICIA BORRÁS (Vigo, nun ano indeterminado e marabilloso.)
TEÑO pelos coma os monos
e teño o nariz mollado,
teño oído de morcego
e tamén che teño rabo.
Son alegre, bulebule,
pero sufro coma a xente
co maltrato e a crueldade.
Aínda non sabes quen son?
Dareiche unha pista clara:
se ti me dás unha aperta,
eu lámboche a cara.
***********************
LÉVASME ás veces contigo,
moi preto da túa man
e, aínda que levo correa,
non
penses que son un can.
Tampouco che son as luvas,
nin sequera unha vendaxe,
e non vaias pensar
que son unha tatuaxe.
pero non das de coser;
e se as miras ben miradas,
saberás a hora que é.
**********************
SON moi brando, pegañento
e fácil de mastigar.
Morde en min todo o que queiras,
pero ollo con me tragar!
Veño con moitos sabores
coma se fose un xeado…
Aínda non sabes quen son?
Pois agora o terás claro.
Se saio da túa boca
para acabar nalgún sofá,
é case seguro
que túa nai vai berrar.
(Do libro Quen
son?, editado pola Editorial Galaxia, 2006)