Escribir para nenos e nenas (aínda que non só) ten unha serie de satisfaccións que proveñen do lectorado.
Ás nenas e nenos gústalles ler. Á rapazada
gústalle a poesía. Pero precisan de mediadores/as que lles acheguen con ilusión
e convencemento a paixón lectora.
Que os seduzan.
Que crean na necesidade da literatura.
Isto ocorre, sen ninguna dúbida, no CEIP “Isaac
Peral”, do Ferrol. Hai aí moita ilusión. Todo recende a vida nesas aulas. Dá
gusto achegarse a este centro e sentir o agarimo que agasallan aos artistas en
xeral, ben sexan ceramistas, músicos, pintores ou escritores.
Boa parte de culpa tena Maribel Cajide que leva ben anos
facendo da súa docencia un mundo de ilusións que contaxia o seu alumnado.
Fun varias veces ao colexio e sempre
volvín co convencemento de que a literatura vive nos pequenos e pequenas , que
son quen de escribir e contar os seus sentimentos diante das mostras que
autoras e autores imos deixando neles.
Por iso, Versos e aloumiños pediu
a Maribel unhas mostras destes textos, escritos cunha ilusión exemplar.
Así que aí tedes unha mostra ampla do que
son quen de facer alumnas e alumnos positivamente motivados.
Parabéns a todo o equipo dun centro, ao
que paga a pena ir sempre.