Coñecer a José António
Gomes -João Pedro Mésseder, nome literario- é un auténtico pracer.
Compartindo unha sesión do máster en Compostela |
Este licenciado en Filoloxía
Xermánica e doutor en Literatura Portuguesa do século XX, é un verdadeiro pozo
de sabedoría.
É profesor de literatura na Escola Superior de
Educação do Instituto Politécnico de Porto.
Este escritor, conferenciante, especialista en
LIX, orientador de teses de doutoramento, editor de revistas, colaborador en
seminarios didácticos, articulista, crítico literario e unha chea de
actividades máis, está moi vencellado a Galicia e ao grupo de investigadoras
que dirixe a profesora Blanca-Ana Roig Rechou.
Nos másters que impartimos xuntos creouse unha
amizade e unha admiración mutua, debidas á sintonía e á visión que partillamos
no tocante á literatura escrita para os máis novos.
José António Gomes ten unha ampla bibliografía
coma escritor e investigador e sobre a súa obra podemos atopar un bo número de
estudos arredor da mesma.
Foto final das nosas sesións dun máster en Compostela, coa profesora Blanca-Ana Roig |
Pois ben, hai uns días sorprendeume cun fermoso
poema que escribiu a partir dun post de facebook, no que eu contaba o baño que
dei na praia o domingo 4 de decembro.
E emocionoume pola simpatía e o carácter lírico
do mesmo.
De aí que en Versos e aloumiños decidimos
reproducilo moi felices e agradecidos a este home dunha bondade moi grande.
Mil grazas, amigo e mestre.
Dá gusto estar
sempre en contacto contigo.
Oh, que água tão fria
Mas o poeta que dela emerge
traz consigo o calor da poesia
Trá-lo nos olhos nos braços e nos cabelos
Chega do mar o poeta como de um sonho
esse sonho que sempre o apanha
Chega do mar o poeta como de um sonho
e um véu de nuvens o acompanha
João
Pedro Mésseder