A finais do mes de
febreiro, tivo lugar unha nova presentación do libro Se falases de min
na prestixiosa librería Versus.
Introduciu o acto o director da editorial
Elvira, Xabier Romero, e deseguido o artista Alberto Cunha
dixo unhas palabras referentes ao espírito desta xuntanza literario-musical.
![]() |
Intervención de Xabier Romero |
Antes de que eu contase a miña impresión do libro, Alberto e Andrés Cunha interpretaron a canción Se falases de min, que no libro aparece na voz do gran Paco Ibáñez. Foi, sen dúbida, unha fermosa versión, como neles é costume.
![]() |
Alberto Cunha fala do acto e do libro |
Tamén eles dous, tras a miña intervención, deixaron no aire (e nos nosos sentimentos) dúas cancións baseadas en poemas do libro. Foron intres de emoción nada disimulada.
![]() |
Os irmáns Cunha deleitando aos asistentes |
Resultou, sen ningunha dúbida, un acto
entrañable nun recuncho precioso da librería que nos acolleu cun enorme
agarimo.
O acto foi gravado en
audio e aquí está para os que vos animedes a escoitalo.
AGT falando do libro |
Versos e aloumiños segue a ser un espazo para xente sensible ás artes. Se falases de min, que reúne arredor da poesía, as pinturas de Xulio García Rivas, as palabras de Jordi Sierra i Fabra, a composición de Paco Ibáñez (case nada!), seis temas de Alberto Cunha e a miña voz lendo poemas do libro; Versos e aloumiños, digo, séntese un blog-revista moi honrado de recoller estas pezas, algunha delas, histórica.
E velaquí o audio deste acto tan marabilloso.