XOHANA
TORRES (Santiago de Compostela, 1931)
SUEIRO
Cando
fuxa, non quero fuxir soa.
¡Que
agoiro, xeme, ponla, se non chegas a froito!
O
alcipreste chora porque naceu único.
Nada
máis que é por iso.
Xohana Torres |
Cando
sexa
quero
ter sido Eva
en
ducias de mazás, árbores madureiras;
que
alguén teña escalado a miña cova
con
ollos ben abertos;
que
unha música espida, rexa, miña,
sinxelamente
viva noutro exemplo.
Cando
fuxa,
espírito
no sol, nun vran ideal de rosas,
a
miña xustiza sexa emanación: Xurrar. Xurrar
como
xurran os días enchéndose de tempos;
xurrar,
un xurrar desta espontaneidade,
de
femia para fillo, evolución de Terra e mais de xestos.
Cando
fuxa, (si, morrer, si, pero en vento irto)
que
unha boca longal, toda de neno, tatexe sen respostas,
a
elexía das nais, solagada nun berce de silenzo.
A
CATEDRAL
Dime
qué tes, ciencia da pedra.
Dime
qué che botaron nas figuras.
Estás
muda. Aléntasme a traducir a fala,
facultade
romeira interminable.
Estás
ríspida ata o ceo…e eslómbaste
pra
conceder aínda, a vocal dunha tenrura única.
Muller,
ti es muller, catedral chea de seos desgastados,
fada
perdida cabo dun camiño.
Non
ten apertas falsas a túa forma, feita na verdade.
Ábreme
o peito abondo, sen enruga:
Quero
soñar na exclamación tan varia;
quero
laiar contigo, pedra en pedra;
quero
sentirme farta, farta, cando revolva os
fondos
desa
tumba calada.
**************************************************************
“Há
tão pouca xente que ame as paisagens
que não existem”
PESSOA
Poesía,
convicta natureza de illa,
a
banda outra que nos confina e pesa.
os
fachos que nos cruzan,
os
signos que nos poden.
Se
ardemos, sopra o vento.
(Inventar
a palabra)
Necesita
tamén praias enormes,
un
corpo para a dor,
o
máis duro naufraxio.
Madrugada.
Atravesei o mar.
Verbas
que tocan
xusto
as pedras do fondo.
(Do libro Poesía reunida (1957-2001), editado polo P.E.N. Clube de Galicia, 2004.