CONCHA
BLANCO (Lires – Cee, 1950)
A
NOITE
Concha Blanco |
As
luces
producen
sombras.
As
sombras
danme
arrepío.
Coas
luces sinto calor
e
as sombras danme frío.
Chega
o día, vaise a noite
chega
a noite, vaise o día.
Coa
sombra vén a tristeza
e
coa luz chega a alegría.
Fuxe,
noite.
Vente,
día.
Eu
quixera que a noite
non
me roubase a alegría.
O
TREN
Non
o paso ben
na
estación do tren.
maletas
de man
mochilas
ao lombo
que
veñen e van.
Só
faltan minutos
non
trae retraso
dentro
de moi pouco
estou
nos seus brazos.
Óese
un pitido
que
anuncia a chegada
o
tren, maxestoso,
amosa
a faciana.
Todo
é un bulebule
os
nervios afloran
hai
xente que ri
hai
xente que chora.
Moitas
mans saúdan,
cales
delas serán
as
mans que eu agarre
para
non as soltar?
Papá!
berro eu
botando
a correr,
Debuxo de Xosé Vizoso |
batendo
contra todo
ata
dar con el.
Amais
das maletas
de
distinta cor
papá
trae un saco
cargado
de amor.
É
un saco invisible
cheíño
de bicos,
para
a súa familia
para
os seus amigos.
Non
o paso ben
na
estación do tren.
O
POETA
O
poeta,
o
escritor,
dálle
por xogar coas letras
cada
letra dunha cor.
Debuxo de Xosé Vizoso |
No
sitio do m
escribe
o f
segue
xogando
e
colle un e.
E
agora que?
-
di o escritor –
Póñolle
un l
que
está mellor.
Fóra
coa sa
adiante
co or.
En
lugar de mesa
escribiu
flor.
Con
palabras fixo versos,
con
versos fixo estrofas,
con
estrofas os poemas.
Todo
co xogo das letras.