ANTONIO RESPONDE AO "CUESTIONARIO PROUST" DE RAMÓN NICOLÁS
|
(Foto de Anxo Cabada)
|
Entre os varios blogs en galego sobre literatura que existen hoxe en día, un dos máis interesantes é Caderno da crítica, (Premio AELGA, 2013), dirixido por Ramón Nicolás. Os seus artigos son sempre interesantes e teñen unha calidade incuestionable, facendo deste espazo unha referencia na blogosfera galega. Non hai moito, Antonio García Teijeiro someteuse ao "Cuestionario Proust" que periodicamente fai Nicolás a diversas persoas da cultura galega. Trátase de preguntas intelixentes e caracterizadas pola súa brevidade, mediante a cales podemos albiscar diferentes aspectos da personalidade, das ideas e dos gustos literarios e musicais dos entrevistados. Ao longo do seu cuestionario, Antonio fala de discos, de libros, das relacións humanas e das diversas infuencias que marcaron a súa vida e a súa obra. Se vos interesa ler o cuestionario completo, podedes atopalo aquí.
A.G.-F.