A primeira canción de Paco Ibáñez que me abraiou foi “Como
tú”. Imposible compoñer unha música tan axeitada a este poema para que
ambas partes, música y verso, puidesen ter o mesmo protagonismo á hora de
escoitala.
Aí, con esta canción, e
con “Palabras
para Julia”, principiou a miña febre poética e comprendín que un home
como Paco Ibáñez podía facer moito
pola poesía naquela España gris necesitada de cultura e liberdade.
Paco Ibáñez na súa casa de Barcelona |
E así foi. Moitos
amamos a Paco Ibáñez e toleamos co
seu disco gravado no Olympia de Paris, un clásico da
canción comprometida. Digo moitos, si. Mesmo aqueles que estaban nas primeiras filas
nos seus concertos, que erguían a man co puño pechado, que lanzaban mensaxes
aos demais, que cantaban con el, que berraban contra o réxime. Si, moitos, moitos.
Eses que, anos máis tarde, ocuparon as poltronas do poder e se esqueceron del.
Hipócritas que, como di Aute, non souberon rozar nin un intre a beleza.
Pero Paco Ibáñez seguiu o seu camiño dunha
maneira exemplar. Combativo pero non panfletario. Crítico co fascismo en todas
as súas vertentes, sempre ao lado daqueles que sufrían. Paco Ibáñez arrincou as carautas a tantos, que vergoña lles debía de
dar falar cando falaban (e seguen a falar) sen a máis mínima ética e cun
cinismo que fere.
Paco
seguía a avisar. Decote comentaba que estaban agochados, que había que ter
coidado porque, se nos confiabamos, saltarían sobre nós. E así foi.Hoxe en día
temos o exemplo. A mesma chamada esquerda
tamén o ignorou. Máscaras fóra! Non serviu de moito o A galopar albertiano co
que Paco Ibáñez remataba os seus
concertos.
E el, coa súa dignidade
por diante, continuou levando a poesía a todos aqueles que precisabamos dela.
Eramos moitos. Seguimos sendo moitos. Máis dos que pensan algúns.
A andaina de Paco Ibáñez é brillante. Silenciado
polos medios de comunicación segue sendo o mesmo. Ergue a súa voz contra a
inxustiza. Non casa con ninguén. É accesible a aqueles que queiran achegarse a
el. Xeneroso,próximo, sensible e duro cos que nos converten en bonecos, Paco continúa a cantar por todo o
mundo. Francia, boa parte deste país noso, (tan desagradecido con persoas que
molestan e din a verdade), Latinoamérica…son testemuñas do que estou a dicir. E
non podemos esquecer que segue a gravar fermosos discos, o último dedicado aos
poetas latinoamericanos.
Paco Ibáñez en Vigo. |
Semella que non existe
porque así o desexan os grandes emporios mediáticos. PERO SI QUE EXISTE e somos MOITOS
OS QUE O NECESITAMOS E QUEREMOS.
A súa voz non cala. Canta en castelán, catalán, galego, francés, éuscaro e
outras linguas.
Non acadarán acalalo pois a súa fortaleza ideolóxica e vital
non o permitirá endexamais.
Coas dúas cancións
arriba mencionadas, moitos de nós coñecemos a León Felipe e a José Agustín
Goytisolo. E a tantos máis...!
León Felipe |
Así que neste dardo
poético, imos poñer o poema completo do poeta de Tábara (Zamora) e poderemos
escoitar no vídeo esa peza marabillosa que un día me deixou asombrado e me
permitiu seguir a vida pola senda da poesía.
COMO
TÚ… (León Felipe)
Así
es mi vida,
piedra,
como
tú; como tú,
piedra
pequeña;
como
tú,
piedra
ligera;
como
tú,
canto
que ruedas
por
las calzadas
y
por las veredas;
guijarro
humilde de las carreteras;
como
tú,
que
endías de tormenta
te
hundes
en
el cieno de la tierra
y
luego
centelleas
bajo
los cascos
y
bajo las ruedas;
como
tú; que no has servido
para
ser piedra
de
una Lonja,
ni
piedra de una Audiencia,
ni
piedra de un Palacio,
ni
piedra de una Iglesia;
como
tú,
piedra
aventurera;
como
tú,
que,
tal vez, estás hecha
sólo
para una honda,
piedra
pequeña
y
ligera…
Escoitar a Paco Ibáñez é un pracer infinito. Ninguén foi quen de musicar a poesía coma el.
Podedes gozar co vídeo, un verdadeiro luxo.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO