Todo o equipo que fai o blog Versos e aloumiños está consternado pola terrible desgraza que ocorreu en Santiago de Compostela no día de onte.
É difícil poñer en palabras os nosos sentimentos, que se ven afectados por un feito tan tráxico e inagardado.
Este equipo non pode menos que unirse á dor das familias das vítimas do accidente ferroviario e vivir case como propias as consecuencias de tan horrible suceso.
Estes días seguintes á traxedia están a dar voltas nas nosas cabezas as palabras que forman o título dunha canción do disco Highway 61 Revisited, de Bob Dylan, que di "It Takes a Lot to Laugh, It Takes a Train to Cry", o que significa algo así como "Custa moito rir, pero abonda un tren para chorar".