Como xa informou Versos e
aloumiños no seu día, o día 30 de marzo presentouse na Librería Librouro o meu
novo libro de poesía, O poder da fraxilidade.
Levaba seis anos sen
publicar un poemario para adultos e xa tocaba.
O acto foi fermosísimo. Magnífica
a introdución de Fernando Fernández
en representación do Ateneo Atlántico, coorganizador do evento coa Editorial
Belagua, que editou o libro.
Edurne Baines,
directora da editorial, falou deseguido e An Alfaya, escritora, referiuse
a el dun xeito brillante. Todos os discursos reflectiron un enorme agarimo cara
á miña persoa.
Alberto Cunha e o
seu irmán, Andrés, puxeron a nota musical, marabillosa, interpretando
tres temas que enfeitizaron aos asistentes.
Unha tarde de amor á poesía,
á música, cunha emotividade que nos deixou ben felices.
Pois todo o acto podedes desfrutalo aquí embaixo no audio que foi gravado durante o evento. Un documento fermoso para gozar da música e da palabra poética.