Fernández del Riego foi un home que loitou por e para Galicia por riba de todo. A fundación de Galaxia resultou unha ardua aventura cultural e política (estivo no cárcere, foi perseguido polo franquismo e viviu intres moi duros na posguerra) protagonizda por un feixe de homes que, nos anos máis escuros da ditadura, loitaron pola pervivencia da identidade de Galicia.
Fundación da Editorial Galaxia |
A vida intensísima se lemos
a excelente biografía que escribiu Malores Villanueva, persoa moi
próxima a el, Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de
Galicia, moitas veces vivida a límites insospeitados deixou pegada
neste noso país tan necesitado de referencias socioculturais.
A vida de Fernández del Riego, sempre foi alimentada dunha paixón e dunha fidelidade: Galicia e a súa cultura.
Por certo, el foi quen propuxo á Academia Galega a celebración dun día especial de celebración da nosa lingua. Malia algún pequeño atranco, foi aceptada a proposta e cada 17 de maio estamos inmersos na festa da lingua e da cultura.
Don Paco, co seu retrato detrás (Foto de Alba Villar)
E postos a recomendar -tarefa nada doada-
eu recomendo a biografía do autor, escrita por Malores Villanueva, e Camiño
andado, unha sorte de autobiografía e crónica dun tempo, dunha xeración
e dunha esperanza, onde o autor asume asume a experiencia vivida para
percorrer, desde a memoria, o camiño andado que vai desde o agromar da
República e o pulo do galeguismo ata o labor cultural para reconstruír na
clandestinidade aquel alento esvaecido. Dende a sublevación militar, que borrou
o futuro, ata as posibilidades que abriu a chegada da democracia.
Un libro cálido e, á vez,
claro e valente.
E se queremos unha pequena
introdución no seu mundo, temos o magnífico achegamento, Francisco
Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo, da man do
prestixioso escritor e investigador literario, Ramón Nicolás.
Na parte final do limiar de Camiño
andado, (Ó abrir o suco), podemos ler as seguintes
palabras:
Nada que engadir. Sigamos o
seu exemplo.
Antonio García Teijeiro