De esq. a dereita: AGT, X. Ferreiro e Xabier Romero
Xa falamos nunha entrada
anterior do novo poemario de Celso Emilio Ferreiro, Poemáforos, que,
publicado por Elvira/Luscofusco, aparece na colección Moraima,
dedicada a rescatar do esquecemento unha serie de poemas do poeta celanovés
baixo o coidado do seu fillo Xavier Ferreiro.
Pois ben, o venres pasado,
día 20, o libro foi presentado na Asociación Évame-Oroza e contou coa
participación de Ferreiro, do editor Xabier Romero e de Antonio García
Teijeiro.
Falouse do poeta, do seu
compromiso con Galicia e coa poesía e léronse aforismos contidos no poemario.
Como é habitual nestes
casos, a palestra foi gravada en audio e Versos e aloumiños ofrécea a
continuación.
De esquerda a dereita, Manuel Bragado, Noa García, Antonio GT e Xabier Romero (Foto de Pablo Hernández)
O luns día 16 de decembro,
presentouse no Club FARO, no MARCO, en Vigo, o libro Sentado diante da
fiestra, de Antonio García Teijeiro.
Unha edición marabillosa, ao
coidado de Arantxa Amatriain e Rubén Romero, que Editorial
Elvira, no seu selo Luscofusco, tirou do prelo cun agarimo e
unha elegancia admirables e na que teñen unha presenza salientable as pinturas
de Xulio García Rivas.
Sentado diante da fiestra é
un monllo de 51 artigos publicados por García Teijeiro no suplemento Estela,
do decano da prensa nacional e un deles, á marxe da revista, co gallo do
centenario do Real Club Celta de Vigo.
Participaron nesta
charla-coloquio, ademais do autor, Manuel Bragado, que falou do libro e
de AGT, Xabier Romero, que presentou o acto como responsable da
editorial e a xornalista Noa García (filla do autor) que foi a
responsable da entrevista.
Noa e AGT
Resultou un acto fermoso que
foi seguido polo numeroso público asistente e respirouse un aire de
reivindicación da palabra literaria, da necesidade de pensar, da fuxida do
pensamento único, da preguiza intelectual que se está instalando na sociedade e
moitos temas e anécdotas de García Teijeiro.
A música, a poesía, a
lectura literaria, o xornalismo narrativo e literario tamén saíron á palestra
nun acto do que o público saíu moi satisfeito.
A charla-coloquio foi
gravada en audio e, loxicamente, Versos e aloumiños ten o pracer
de ofrecelo a todo aquel que queira saber o que alí se dixo.
Así pois, embaixo destas
liñas está a gravación para que poida ser escoitada.
Sempre me gustou ir falar ás
Escolas de Maxisterio, hoxe Facultades de Educación. Coido que o alumnado que
estuda para ser mestra ou mestre debe ter un coñecemento profundo dos libros
que se publican para elixir as mellores obras coas que compartir nas aulas cos
pequenos a maxia da lectura.
Non é moi doado. Sinto que
falta esa inquedanza cultural nas novas xeracións, que se le menos do que se
debería e que hai que actualizarse nun eido tan importante.
Falándolle ao alumnado
E se falamos de poesía (e de
teatro) as eivas que existen son inmensas. De aí o meu interese para enchelas de
contido.
Non pode ser. A poesía gusta
aos rapaces e rapazas se hai alguén que os motive. A figura do mediador/a faise
imprescindible para contaxiar ese amor pola literatura.
Dáme medo que sexan as
editoriais, a través dos comerciais, quen
marquen as prescricións nas escolas. A calidade debe primar sobre outros
obxectivos que pouco (ou nada) teñen que ver coa paixón pola lectura.
E se o alumnado non le,
estamos perdidos.
O venres, 25 de outubro,
estiven na Facultade de Educación e Traballo social en Ourense.
Alí, dentro dunhas xornadas –
Ciclo de Literatura infantil e xuvenil. Lecturas dende a diversidade-
falei deste tema para moito alumnado e tamén lle comentei a necesidade da
poesía na escola.
Un programa moi interesante
no que estiveron escritores e ilustradores como Carlos Labraña, Érica
Esmorís, María José Floriano e Pablo Otero, baixo a dirección entusiasta de
Isabel Mociño, Carla Míguez e María González.
Tamén fun entrevistado por
alumnas na radio da Facultade, que me preguntaron sobre múltiples temas, tanto
persoais coma literarios.
Un momento da entrevista radiofónica
A miña conferencia, con
lectura de poemas meus incluídos, foi gravada e Versos e aloumiños
recóllea no audio que vén deseguido.
Outro momento da charla
Agardo que resulte
interesante para todas esas persoas que cren na poesía como unha ferramenta de
formación intelectual dende xa as primeiras idades.
Da esquerda á dereita: Paco Abril, Lorena Fernández e García Teijeiro
Como indica o cartel, o
encontro dentro do programa de librerías Afinidades Electivas,
celebrouse en Xixón un acto marabilloso arredor da literatura (conto e poesía)
e a súa relación coa infancia.
Tivo lugar na librería La Oreja Verde, que
dirixe unha muller creativa, eficiente e amante da cultura como é Ana López
Chicano.
Antonio García Teijeiro e Ana López Chicano
Paco Abril, un
artista total, un estudoso da literatura, activista cultural, escritor
necesario, organizador de proxectos arredor da lectura, guionista, articulista,
creador plástico e moitas cousas máis é un referente da LIX española e interveu
xunto a Antonio García Teijeiro para falar das súas obras respectivas.
Paco Abril no acto
O acto estivo presentado e
moderado por unha muller extraordinaria, Lorena Fernández, violinista e
especialista en didáctica da música e da pedagoxía, que desenvolveu o seu labor
dunha maneira rica e acaída ao que alí se expuso.
Foi un tempo
espectacularmente afectivo, crítico e cheo de literatura.
Houbo lectura de contos, de
poemas e o público saíu entusiasmado.
Antonio G. Teijeiro le un poema de "Poemar o mar"
Canto se botan en falta
momentos así! Minutos para construír, para salientar a palabra literaria, para
animar a que se lea poesía, para que se conten contos, para valorar o libro
como ferramenta esencial nos tempos que corren.
Falouse de todo isto e máis.
As propias experiencias coa literatura de fondo estiveron presentes e o clima
que se respirou na librería foi de emoción, interese e agarimo.
Paco Abril mostra un suplemento cultural que dirixía
Temos que felicitarnos
porque proxectos coma este sexan promovidos polo Ministerio de Cultura e porque
as librerías sexan o lugar que os acollan.
Nas bibliotecas e nas
librerías o libro é o protagonista do lugar, está próximo ao lectorado e
convértese en protagonista que, co seu silencio aparente, está a chamarnos para
que nos acheguemos a el e poidamos gozar da literatura.
Como non podería ser doutro
xeito, Versos e aloumiños non dubidou da necesidade de gravalo en
audio e de poñelo á disposición das e dos interesados para que poidan vivir a
maxia alí creada.
Noemí explica la génesis de la ilustración de "Os ecos do vento"
AFINIDADES
ELECTIVAS. Encuentro con Noemí Villamuza en la librería Libros para soñar, en
Vigo, viernes día 27 de septiembre de 2024.
Fue
un encuentro maravilloso. Noemí Villamuza es una persona entrañable,
inteligente y de un nivel plástico -siempre con su lápiz- muy alto.
No
la conocía personalmente, pero que haya sido la ilustradora de mi libro Os
ecos do vento/ Los ecos del viento supuso un honor para mí. Realzó, sin
lugar a dudas, mi proyecto poético.
Muestras de los bocetos de la ilustración del poemario
Me
encantó su trabajo en el libro con unas imágenes: infancia, adolescencia,
madurez de las mujeres (y niñas) muy bien pensadas y ejecutadas y me sentí muy
próximo a su visión de mis poemas,
Me
encantó su trabajo (infancia, adolescencia, madurez) y me sentí muy próximo a
su visión de mis poemas,
Noemí Villamuza
De Noemí Villamuza supe que disfrutaba dibujando, que se fue desde su Palencia
natal a estudiar Bellas Artes a Salamanca (que era tal su pasión por dibujar
que entró en la Facultad sin pasar por academias de dibujo), que vive en
Barcelona desde 1998, que utiliza bicicleta y metro por la ciudad, que ilustra,
que hace novela gráfica, que ha dado clases de ilustración en centros como la
Escuela Massana, la Escola de la Dona o la Escuela Superior de Diseño de la BAU.
Que
tiene libros publicados en diversos países, muchos reconocimientos y premios y
que es habitual en talleres escolares y bibliotecas.
Otro momento del acto
Y
coincido con ella en que “para ilustrar bien hay que leer (lo mismo digo yo
para escribir). Cuanto más lees, más grande se hace tu imaginación”.
Me
encantó su trabajo (infancia, adolescencia, madurez) y me sentí muy próximo a
su visión de mis poemas,
“Y
sí, Noemí, la poesía sí deber ser ilustrada, porque si quien lo hace en un/una
poeta de la imagen, está haciendo poesía que emociona y comunica a través de lo
que se dibuje”.
El público llenó la librería y salió muy satisfecho del acto
A continuación Versos e aloumiños recoge la totalidad del acto, presentado por Paz Castro, en un audio para nuestros lectores e lectoras.
Un agradecimiento muy especial a la Editorial Kalandraka y a las libreras Sandra y Carmela por todo el cariño que pusieron para que el acto tuviese toda la brillantez que tuvo.
De izq. a dcha. Carmela, Noemí, AGT y Sandra al finalizar el acto
Encántame ir ás escolas e aos institutos para falar de poesía co alumnado, para partillar coa xente nova as emocións que os versos conteñen. Para oír os nenos e nenas recitar, para velos representar, para escoitalos cantar eses poemas que lles chegan de verdade.
Moitos queixámonos de que non se le poesía. É certo.
Sempre mantiven que os adultos -en xeral- lle teñen moito medo e danlle as costas.
O alumnado precisa de mediadores ou mediadoras que lles contaxien con paixón e convencemento as bondades dos textos poéticos.
Nunca falla: cando hai mediadora, os rapaces e rapazas gozan e vibran coa poesía. Nótase no ambiente.
Isto aconteceume, a finais do mes de marzo, na miña visita ao IES “Carlos Casares”, de Vigo.
A profesora, Noa García Garrido fai a presentación
Axiña comprendín que había unha mediadora que amaba a poesía. Noa García Garrido, profesora do centro, reuniu un bo número de alumnos e alumnas de bacharelato (e algún de Secundaria) para manter un encontro con eles. A súa man era evidente que estaba presente nestes mozos e mozas que xa amaban a poesía. Ben que me dei conta.
A experiencia non puido ser mellor. Atentos/as, respectuosos, interesados, notei que as palabras que lles dicía penetraban no seu interior.
Foi unha conferencia das que che deixan un sabor inesquecible.
Impresionante ambiente, moi cálido e cun agarimo cara á palabra poética realmente excepcional.
Un momento do acto
Versos e aloumiños non podía deixar escapar a oportunidade para compartir cos lectores e lectoras o meu discurso no centro.
Así que, prezadas amigas e amigos, embaixo queda o audio da miña intervención, por se vos presta escoitala.
A finais do mes de
febreiro, tivo lugar unha nova presentación do libro Se falases de min
na prestixiosa librería Versus.
Introduciu o acto o director da editorial
Elvira, Xabier Romero, e deseguido o artista Alberto Cunha
dixo unhas palabras referentes ao espírito desta xuntanza literario-musical.
Intervención de Xabier Romero
Antes de que eu contase a miña impresión
do libro, Alberto e Andrés Cunha interpretaron a canción Se falases
de min, que no libro aparece na voz do gran Paco Ibáñez. Foi, sen
dúbida, unha fermosa versión, como neles é costume.
Alberto Cunha fala do acto e do libro
Tamén eles dous, tras a miña intervención,
deixaron no aire (e nos nosos sentimentos) dúas cancións baseadas en poemas do
libro. Foron intres de emoción nada disimulada.
Os irmáns Cunha deleitando aos asistentes
Resultou, sen ningunha dúbida, un acto
entrañable nun recuncho precioso da librería que nos acolleu cun enorme
agarimo.
O acto foi gravado en
audio e aquí está para os que vos animedes a escoitalo.
AGT falando do libro
Versos e aloumiños
segue a ser un espazo para xente sensible ás artes. Se falases de min,
que reúne arredor da poesía, as pinturas de Xulio García Rivas, as
palabras de Jordi Sierra i Fabra, a composición de Paco Ibáñez (case
nada!), seis temas de Alberto Cunha e a miña voz lendo poemas do libro; Versos
e aloumiños, digo, séntese un blog-revista moi honrado de recoller
estas pezas, algunha delas, histórica.
Fai o número 80 da miña obra
literaria. É un libro diferente, singular.
Sen idade definida, Que
demo de monicreque! inclúe prosa e poesía. A narrativa ao servizo do
poético.
Editado pola editorial
Galaxia e cunhas fermosísimas ilustracións de Xosé Cobas, Que
demo de monicreque! quere sinalar eses momentos nos que os creadores ou
creadoras cren ter perdida a súa creatividade. Cando nos/lles falta a
inspiración.
Un momento da presentación
Dous personaxes principais,
O Poeta e O monicreque, cun terceiro que é o mar, nas súas rochas, onde se
producen os feitos principalmente, son os protagonistas dunha historia
eminentemente poética.
Amo os monicreques. Ámoos
porque deleitan o público en xeral (Lorca é un bo exemplo diso) dun xeito teatral,
cun algo de esaxerados e moi descarados, mordazes, insolentes, graciosos e
críticos.
O ilustrador Xosé Cobas explicando unha das ilustracións
O monicreque é o elemento
motivador do poeta. Aparece para guialo e axudalo a recobrar a inspiración e
que volva a sentirse vivo. Para iso
ponlle retos envoltos nun certo misterio para que as palabras volvan ao seu
maxín e a ledicia retorne a el.
Unha historia que é unha
metáfora da seca creativa. Da fuxida da inspiración. Do cansazo do creador.
Pero sempre haberá algo ou
alguén que volva encher de palabras o discurso poético dos poetas. Será ese,
Martiño?
Susi le a carta a Martiño
Embaixo destas liñas, está o
audio do acto da presentación do libro o día 2 de
maio na libraría Librouro,en
Vigo, na que interviron, ademais de min, o editor e
escritor Francisco
Castro, o ilustrador Xosé Cobas e…Martiño!
Por certo, Susi leu
unha carta e un poema escritos para Martiño por Juan Carlos
Martín Ramos,
quen, con Lurdes, deulle vida ao boneco.