sábado, 18 de abril de 2026

FAÍSCAS (30) Unha reflexión de William Faulkner sobre a POESÍA

 



Moitos escritores e escritoras, filósofos e mesmo poetas levan reflexionando sobre o valor da poesía, a súa xénese, a súa presenza nos diversos momentos da historia; sobre o papel que deben desenvolver os e as poetas na sociedade en que viven.

Algúns dan definicións específicas; outros prefiren non definila .

Pero a poesía vive a través dos séculos e está presente no día a día se chamamos ás portas dos poemarios; os poetas non se agochan, viven preto de todos e todas nós.

E sempre están os versos abertos a seren partillados con quen os precisan.

Nesta faísca, podedes ler o que a tal efecto escribiu o gran novelista estadounidense, William Faulkner sobre ela.

Todo un símbolo do que debe ser a función dos e das poetas perante o seu compromiso co ser humano.


William Faulkner
Isto di Faulkner:


A voz do poeta precisa non só ser o rexistro do home, pode ser ademais un dos seus piares, os piares que o axudarán a resistir e prevalecer.