CARLOS NEGRO
(Lalín, 1970)
Técnicas
de afeitado
Carlos Negro |
Unha
poética de dobre folla:
suave
e apurada por fóra,
pero
cun gume cortante por dentro.
Sen
pólvora e cun ramo de magnolias
Algúns
reclaman a liberdade pró meu pobo.
Eu,
en troques, esixo a tenrura pró meu sexo.
Folla
de reclamacións
Eu…
que
non sangro na furna das entrañas
Eu…
que
non sinto o devalo das mareas
Eu…
que
non tecín soa ninguna tea
quixera
ir
camiñar descalz* polas rochas
Puntos
de fuga
Sinto
o útero e non son muller.
Gústame
o rosa e non son gai.
Amo
o fútbol e non son home.
Levo
pendente e non son moza.
Odio
as bonecas e non son neno.
Son
feliz se me admites diferente.
Metáfora
da metáfora (A)
O
amante
nunca
amosa acenos de seda.
O
amante
nunca
bica con bicos delicados.
O
amante non ama:
é
a besta dentro do labirinto.
(Aquel
que escribe nos corpos con sangue.)
Presentación en Lalín |
Metáfora
da metáfora (B)
El
tamén procura
unha
linguaxe que non manque.
Un
espazo neutro
de
morfemas con bandeira branca.
Un
lugar de encontro
en
troques dun territorio ocupado.
(Unha
sintaxe arredrada da guerra.)
(Do libro Masculino
singular, editado por Edicións Xerais. 2016)