PORTA 1
Chego
a unha porta
vella, moi
vella,
que non
me deixa
ver a miseria.
Foto de Carmen Corbal |
Sei
que non abre.
Sei
que tras dela
a
porta agocha
tristes promesas.
Porta
que agocha
mudas conversas.
Muros das sombras.
Voz de
madeira.
Eu
xa non peto.
Sento na beira
por se algún día
saen as verbas.
PORTA
2
Foto de Carmen Corbal |
A
muller procuraba
unha tregua
que as infinitas horas de
traballo
nas distancias
imposibles
lle
negaban dende sempre.
Apoiou
o seu corpo
na porta
do silencio
e
tivo a amarga sensación
de que
o seu corpo
cansado
non era quen de atravesar
o
limiar
do
acougo.
Porta
3
Leo
uns versos de X. Antón L. Dobao:
Foto de Carmen Corbal |
“Traio no peto a Tom Waits
e
no corazón
leguas
de cervexa, xenebra e whisky.”
Reflexiono.
Fico en silencio.
Releo os versos.
Evoco a voz áspera
cavernosa
de Waits.
Embarco nela.
Escribo:
Traio no peto silencios
mutismos que sopran no vento
Veño dunha
terra despoboada
onde choven voces cansas
e berros de metralla
Chego
diante da aldraba
lembro a Bob Dylan
e convénzome
de que non vou
petar endexamais
nas portas da terra
nin nas portas do ceo
Nin sequera nas portas de Dylan
Bob Dylan e Tom Petty cantan a fermosísima canción "Knockin´on heaven´s door"
Antonio García Teijeiro