Cheguei a Librouro, a miña libraría de referencia, e alí estaban
moitos exemplares de No xardín do poeta, ilustrado maxistralmente
por Víctor Rivas e editado por Edicións Xerais na súa colección Merlín.
Sentei nunha cadeira onde a
miúdo sento a follear libros e decidín ler uns poemas do libro.
Non adoito ler os meus
versos unha vez están publicados, agás cando teño que facer unha lectura
pública dos mesmos.
Pero, sen saber por que,
algo me impulsou a lelos e, posteriormente, a gravalos en voz alta.
Decidín que lería os poemas
que dialogan cos versos dese libro fermoso que é Seis poemas galegos
de Federico García Lorca.
Pedinlle a María,
unha persoa querida dende hai ben anos, e referencia para min neste lugar, que
me gravase a lectura.
Ilustración de Víctor Rivas
Fíxoo encantada e este é o
resultado.
Agardo de corazón que vos
gusten estes poemas, nacidos do amor pola poesía e, neste caso particular, pola
obra do escritor de Fuentevaqueros.
Teño nas mans o primeiro
exemplar adiantado do poemario No xardín do poeta, un libro polo
que levaba devecendo hai ben tempo.
Este poemario foi adiado por
mor da pandemia e as súas secuelas no eido editorial
No xardín do poeta é
unha homenaxe clara, definitiva, a ese gran poeta que é Federico García
Lorca, a cuxa traxectoria tanto lle debo.
En todo o libro, os versos
do poeta de Fuentevaqueros teñen unha presenza continua. E con eses versos, co
seu espírito, nacen os meus, continuación literaria da fondura lorquiana e
pasean felices por un xardín lírico despois de dialogar cos do gran Federico.
E atopamos nese xardín
marabilloso, ao que accedín pola necesidade de ulir as súas flores, poemas de
formas varias e medidas diversas; poemas musicais, rítmicos, cheos de luz,
lúdicos, que intentan ser brillantes e, sobre todo, vitais, porque son froito
da conversa íntima entre dous poetas que aman a vida.
Pero o poemario non sería
tran atrente sen a ollada lírica, tenra, intelixente do seu ilustrador, Víctor
Rivas.
Víctor non puido captar
mellor o que agochaban e mostraban os poemas deste libro. De aí que as súas
ilustracións procuran -e conseguen- fundirse co pensamento poético destes
versos para crear criaturas que danzan con eles e danlle unha segunda vida.
Estou moi satisfeito co
resultado final deste libro, No xardín do poeta, e agradezo a Edicións
Xerais o agarimo e o coidado que puxeron dende o primeiro día na
elaboración deste poemario tan querido por min e que ve a luz na colección
Merlín.
Leva algún tempo queréndome
comentar cousas que ocorren ao noso arredor.
Non lle fago moito caso e amólase un
pouco. Sabe que estou indo á praia a ler e bañarme e enfurrúñase porque non lle
presto a atención que require.
Ten razón. Hoxe sentei onda as rochas
sobre as que apareceu e decidín falar con el á volta.
Púxose moi contento. E case sen darme
tempo para nada,
o
can Can díxome que…
…
está feliz de que lle adiquen o Día das Letras Galegas a Manuel María. Pediume
que lle contase as veces que eu estiven con el. Conteille que compartimos unha
mesa redonda con ocasión dos Premios Xerais e que demos un recital conxunto nun
colexio de Vigo.
“Xa che direi máis cousas sobre isto”. Non
o convencín moito, pero linlle uns versos do poeta da Terra Chá e escoitou moi
atento.
O vento que ven do
mar
é un airiño lixeiro.
A Chaira ven enxugar
seu acento mariñeiro.
Aínda non ten modales
e non sabe ser sotil.
¡Roxe nos carballales
nos amenceres de
Abril!
O vento que ven do
mar
hase facer vento fino
cando deprenda a
cantar
dos beizos dun
estornino.
…
sabe que son amigo de Paco Ibáñez. Así que me preguntou polo día no que
el e José Agustín Goytisolo xantaron na nosa casa. Mirade que é curioso, eh? E
faleille das vieiras que preparou Susi. Encantáronlle ao poeta. Estaban
exquisitas. E conteille as imitacións de Bogart que facía cos cigarros e da súa
teoría do Padre Apeles, tan popular por aquela época… Logo, collín o libro da
poesía completa, editada por Lumen, e
lemos algúns poemas coma este:
Ahora vives todos los
días
sin añoranza. Frente
al agua
la imagen lila del
encanto
se borró; ya no está
el delfín
la chica oscura y
perdidiza
que te besó bajo la
espuma.
Junto a la orilla un
niño corre:
salta las olas y te
mira.
Realidad es el mar de
hoy.
El mar de antes ya no
existe.
…foi
moi feliz na presentación do libro “Muros de aire” de An Alfaya. Que como a
quere moito, estivo nun recuncho do café
Badía escoitando o que alí se dicía. Quere saber se xa pode ler a novela.
Díxenlle que dentro de moi pouco poderá lela. Que remate agora co libro de
Clara Do Roxo, “A mamá que perdeu as cóxegas” (Ed. Galaxia)
…
lle está a gustar moitísimo o libro en cuestión. Que me agradece que llo dese e
que, ás veces, se sente ben triste na lectura do conto. Cre que a autora, Clara
Do Roxo tiña moi claro o que quería contar. Que lle encanta a historia de Vera
e o seu agarimo pola nai. Que ten aventura, sentimento, investigación e
solucións. Aínda non o rematou. Eu díxenlle que chegue ao final e logo
comentarémolo. Magnífico libro.
Recomendable.
…está
moi contento porque lle deron o Premio Nacional de LIX a Ledicia Costas, polo
súa enxeñosa historia “Escarlatina, a cociñeira defunta”. Que lle encantou
cando o leu, que se esmendrellaba de risa co que alí sucedía e que saboreou
algunha das receitas que no libro atopou. Que o pasou de marabilla na
presentación na “Casa do Libro” e que o
merecía. Comentoume ademais que as ilustracións de Víctor Rivas eran moi
simpáticas e expresivas.
…
nunca me agradecerá dabondo que lle
puxese preto do coxín onde dorme os poemarios de Juan Cobos Wilkins. Que
folleou todos eles e que se perdeu polos versos enfeitizado. Que está abraiado, ademais, coa xenerosidade
do autor, porque sabe que estamos en contacto con el e é unha persoa incrible.
Quixo lerme uns versos que dicían:
Cuando
sólo te amabas
a ti mismo, el río
no fluía.
Y crecer, escribir,
si era, fue crear
sin memoria de desamor o muerte
-pero insaciable, pero voraz:
autófago –
el otro Paraíso.
…
lle sorprendeu o dobre vinilo de Warren Haynes. Xa o coñecía como líder do grupo
Gov´t Mule, pero que este traballo en solitario é fascinante. Ashes
& Dust é unha obra variada, moi preto do que vén chamándose “americana”,
cuns temas que van directamente ao corazón. Unha xoia, di el, e eu confirmo as
súas palabras.
…
sabe que vai aparecer, nas “Bootlegs Series” de Bob Dylan, o volumen 16. Leva
por nome The cutting edge e inclúe tomas falsas, cancións, ensaios e versión
alternativas das sesiós de tres dos grandes álbums do xenio de Duluth: Bringing It All Back Home, Highway 61 Revisited
e Blonde on Blonde. Algo
verdadeiramente excepcional.
Dime
que me agradece a lectura do libro de Juan J. Vicedo Escuchando a Dylan, o que lle permite transitar polas cancións que
conforman ese período fantástico que vai de 1962 a 2013. Unha obra que non é
fría. Unha visión persoal de alguén, o autor, que leva escoitando a Dylan toda
unha vida.
… lle interesan os aforismos de Benjamín
Prado, publicados por Hiperión baixo
o título de “Más que palabras”. Leos aos poucos e lévaos con el cando vai ata o
parque para ver se hai algunha cadela que lle fai caso. Senta diante dunhas sebes e reflexiona sobre esas
frases máxicas que conteñen tanta reflexión sobre a vida e os comportamentos
dos humanos.
E di en voz alta: Estoy
deseando que me partas el corazón y salgas de él por la grieta.
… lle gusta ler haikus. Do libro “Década”, a
recompilación da poesía do escritor Andrés Neuman, entre 1997 e 2007
(Acantilado), quedouse cunha serie deles. Uns son mariños (Gotas de sal) e os
outros son urbanos (Gotas negras).
Recítame un de cada.
Atardecer.
Se sumerge su
antorcha
y el mar es
humo.
Contra los postes
el tronco de la lluvia
se hace astillas.
…
se emocionou na presentación, na
libraría Cartabón, do libro de Manuel
Seixas, Interferencias. Díxome que vira unha foto na que estabamos Noa,
Manuel e mais eu e que lle parecera moi suxestiva. E que, cando leu unha
entrevista no Faro de Vigo co autor,
ficou impresionado.
Hei dicir que estou moi feliz do reencontro porque quero moito a Manuel Seixas e o can Can sábeo.
Está que non para. Fala e fala e
vólveme un pouco tolo. sempre ten cousas que dicir, que descubrir, das que
fachendear.
Dígolle que xa lle chegou e que falaremos
en pouco tempo. Que teño moito que facer.
Non acepta as miñas verbas con agrado,
pero é consciente de que non vou ceder.
Daquela, moi agarimoso, dime que lle quere
dedicar unha canción a Helena Pérez.
Di que é a súa amiga e pídeme que poña unha canción de Jacque Brel para ela.
Concretamente, “Ne me quitte pas”.
Acepto encantado o mandado e aquí queda. Unha versión en vivo que pon a pel de galiña.