Cheguei a Librouro, a miña libraría de referencia, e alí estaban
moitos exemplares de No xardín do poeta, ilustrado maxistralmente
por Víctor Rivas e editado por Edicións Xerais na súa colección Merlín.
Non adoito ler os meus
versos unha vez están publicados, agás cando teño que facer unha lectura
pública dos mesmos.
Pero, sen saber por que,
algo me impulsou a lelos e, posteriormente, a gravalos en voz alta.
Decidín que lería os poemas
que dialogan cos versos dese libro fermoso que é Seis poemas galegos
de Federico García Lorca.
Pedinlle a María,
unha persoa querida dende hai ben anos, e referencia para min neste lugar, que
me gravase a lectura.
Ilustración de Víctor Rivas |
Fíxoo encantada e este é o resultado.
Agardo de corazón que vos
gusten estes poemas, nacidos do amor pola poesía e, neste caso particular, pola
obra do escritor de Fuentevaqueros.