O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Non son eu moi amigo dos "Días de..." pero talvez sexan necesarios para fomentar certos hábitos, neste caso literarios.
A miña contribución a este día vén dado por dúas cousas.
Por unha banda, o recitado de dous poemas, un en galego e o outro, en castelán, para homenaxear un xénero que segue a ser de minorías. O primeiro é unha loa da poesía. O segundo, unha homenaxe moi sentida a Paco Ibáñez, á súa voz e á súa guitarra.
Se vos apetece escoitalo, tédelo á vosa disposición aquí embaixo.
O segundo achegamento a este día é un meu texto, pedido e publicado no Faro de Vigo contestando a unha pregunta sobre "Ser poeta en Galicia",
Reprodúzoo aquí, por se é do voso interese.