Con Fina, na Illa de San Simón durante uns Premios Xerais. |
Quero a Fina dende hai ben
tempo. A súa tenrura sempre me chegou con moitísima claridade. Fina era unha mestra entregada ao
seu alumnado e a miúdo amosaba un agarimo especial pola miña poesía.
Non tivo dúbidas, alá polo final dos anos
noventa do século pasado, de que eu gañaría o Premio Merlín. E o seu vaticinio
cumpriuse en 1996, o ano no que se lle concedeu o Premio Nacional de LIX a ela.
Sempre quixen a Fina Casalderrey e acotío sentín o seu cariño. A humanidade desta
muller é inmensa. E a súa literatura é o
fiel reflexo da súa personalidade.
Fina Casalderrey, por motivos
particulares, non puido estar no acto de homenaxe que me agasallou o Salón do
Libro de Pontevedra este ano. Ben o sentín. E ela, tamén.
Pero Fina estivo presente cunha carta
fermosa que escribiu para ese momento extraordinario que me tocou vivir.
En Versos e aloumiños queremos que esas
palabras permanezan para sempre. Son un tesouro que non se debe perder. De aí
que podedes lelas e comprender a enorme calidade humana dunha muller
excepcional.
Con Fina, nunha das camiñadas de escritores |