Co libro Aforismos, dichos y refranes del rock, seleccionados e traducidos por Alberto Manzano e editado por Hiperión, dispóñome a dar na diana con este Dardo poético.
Selecciono algunhas afirmacións, versos
das cancións, pensamentos ou frases máis o menos acertadas de grandes músicos
actuais e, co permiso de Manzano, decido traducilos ao galego.
Espero que vos interesen.
Tamén podemos pensar.
Podemos estar ou non de acordo, pero
poñendo por diante os nosos argumentos.
Ah! E sería moi recomendable que
escoitedes todos estes músicos, homes e mulleres, que deixaron pegada ao longo
do tempo.
ELLIOTT
SMITH: “Queimarei todas as pontes para perderme”.
TOM
WAITS: “O tempo está feito de amor doce
e lento, pero só os bobos saben o que iso significa”.
PHIL
OCHS: “Somos monicreques nos fíos de
prata dos cambios”.
EDDIE
VEDDER: “O futuro está no alto, pero é
lento e afúndese no pasado”.
JOHN
LENNON: “A vida é o que che pasa mentres
estás ocupado facendo plans”.
JONI
MITCHELL: “Algo perdemos e algo gañamos,
se vemos a vida dende ambos os dous lados”.
TRACY
CHAPMAN: “Vendes a alma e quedas coa casca”.
PJ
HARVEY: “Lambe as miñas pernas, quéimome”.
MARIANNE FAITHFULL:
“Correndo para salvar a vida, non chegarás lonxe endexamais”.
DAVID BOWIE:
“Podemos vencelos para sempre se somos heroes un día”.
PATTI
SMITH: “A un só lle dan o que o seu
corazón pode aguantar”.
PAUL
WELLER: “Amar é como camiñar entre
bolboretas”.