MANUEL
RIVAS (A Coruña, 1957)
O
PRIMEIRO MAR
Manuel Rivas |
A
onda non desandará o seu camino
Sabe
que o mellor dela
Agarda
na rompente
Da
pantalla.
A
conciencia é o estilo:
Non
defraudar na derrota,
Caer
con dignidade
Na
vixilia
Da
célula de primeiro mar.
O
DESERTOR DA NÉBOA
Triste
velocidade
Que
non esconde o seu pasado,
Terra
que aluca
Nas
fiestras do tren
Á
procura do desertor da néboa.
A
CAZA
Ando
á procura dun poema,
Un
animal que aínda non existe,
Un
insecto neóptero coma a preguiza.
Algo
que me meta fóra,
Como
un medo español.
Un
poema que se agoche
Na
necrose do castiñeiro santo.
Un
poema que faga por min,
A
primeira vez,
O
nó dos zapatos.
INFORMACIÓN
A
fiestra
Daba
ao patio
E
ollaba con fastío as outras fiestras,
A
tose da súa luz somnámbula,
O
código de bandeiras disléxicas na trandeira,
Mais
unha radio falaba de temporal,
Cicloxénese,
dixo o informador,
Cunha
certa esperanza
De
crear expectación.
Un
animal de compaña
Que
protexer.
A
CURVA
A
peor ferida
É
a do trazo recto.
Olla
a gran cicatriz do horizonte.
A
terra dá a luz
Trala
curva de Cézanne.
(Do libro A boca da terra, editado por Edicións
Xerais, 2015)
Manuel Rivas recita o seu poema "A desaparición da neve".