ROSALÍA MORLÁN
(Trazo, A Coruña, 1959)
UNHA
ALDEA ESPECIAL
A
miña aldea
ten
algo especial,
estrelas
de azucre
Rosalía Morlán |
lúa
de cristal,
un
muíño de pedra
que
rula ao compás,
un
vento que canta
en
vez de zoar.
A
miña aldea
ten
algo especial
palleiros
de ouro
regatos
de sal.
POR TI
Por
ti, cada día,
sen
que ti o saibas
brincan
polo ceo
versos
de esperanza.
Por
ti, cada día,
risos
na alborada,
soños
de mil cores,
cóxegas
na alma.
Por
ti, cada noite,
estrelas
de azucre
versos
de esperanza.
NON
ME CHEGA O TEMPO
Non
me chegan as horas
meu
ben, para abrazarte,
non
me chega a noite
meu
ben, para bicarte.
Non
me chega o tempo
meu
ben, para acariñarte,
non
me chega a vida
meu
ben, para acocharte.
DESEXOS
A
princesa do mar
e
a fada do vento
saíron
a pasear
buscando
desexos,
Ilustración de Isa Albela |
desexaron
un mundo
sen
fame nin medo,
desexaron
risas
nas
caras dos nenos.
A
princesa do mar
e
a fada do vento
sementaron
no ceo
flores
de desexos,
un
mundo sen fame
un
mundo sen medo,
soamente
sorrisos
nos
ollos dos nenos.