Este foi, lémbroo ben, o primeiro poema de Eva Veiga que eu lin.
os
montes berran.
O
meu corpo vaise derrubando
en
secos terróns
sen
alma.
Abrira ao chou o poemario Paisaxes
do baleiro editado por Edicións
Xerais na súa colección Ablativo
Absoluto. Corría o ano 1999. Foi un frechazo que me sacudiu ben dentro. Fíxenme con el e decateime de que Eva Veiga ía
ser unha das miñas poetas de cabeceira. Non me trabuquei.
Con máis calma lin os poemas do libro
e sentín algo no meu interior que me levaba directamente á emoción infinita:
Hai
un óxido lunar
apozado
na súa eterna vixilia.
Paisaxes do baleiro era o segundo libro de
Eva Veiga. Despois viñeron máis. Poemarios que saboreei con pracer e que
axudaron a ver o cosmos que me rodea dende a fondura da palabra poética. Ou
sexa, do transcorrer da vida, máis rica grazas aos seus versos.
Eva Veiga (Ombre, Pontedeume, A Coruña, 1961) xornalista e poeta, desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional na Televisión de Galicia, especializándose na dirección e presentación de programas culturais. Galardoada con diversos premios xornalísticos, colabora actualmente en diversos xornais e revistas e forma parte do grupo poético-musical Ouriol. Co poemario A distancia do tambor (Espiral Maior) gañou o X Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
Entre outros ten publicados os seguintes
libros de poemas: Fuxidíos (1993), A pedra insomne (2002) A luz
e as súas cicatrices (2006) ou A frecha azul do teixo (2010).
Eva Veiga |
Gústame a fondura da súa poesía. A intensidade que os seus versos posúen para rañar nos sentimentos do lector. Prodúcese unha unión intimista entre o seu discurso e a esixencia de quen ten o poema diante. Poemas para avivecer"" ese lume/que só un frío mortal/sería quen de alentar". Poesía limpa e directa.
Poemas que abrazan en voz baixa, pero cunha forza interna excepcional: "ser
en/ti/puro instante/que expira e abre/a
un tempo/a flor do mundo".
Poemas que sacoden e poñen o dedo nas chagas do amor, do desamor, da
loucura humana, nas súas feridas. Poemas que te reconcilian coa existencia e
axudan a comprender mellor a esencia do ser humano.
que
alberga
o
esquelete do mar
ti medras da loucura
do lampo que un día
fai
estalar o espello
de
todos os días.
Magnífico este poema contido n´A distancia do tambor (2014), polo
de agora o último poemario de Eva Veiga. Unha muller xenerosa, sensible,
intelixente e que envolve os lectores/as cos seus versos.
Por iso había que solicitarlle para esta sección un texto. Eva Veiga
tiña que estar presente n´ A luz das
palabras. A súa presenza era imprescindible. E ela respondeu dun xeito
agarimoso escribindo un poema especialmente para este blog-revista (que me
dedicou e que lle agradezo persoalmente). Unha honra.
Eva Veiga recitando |
Estes son os versos dunha poeta que deixa a súa pegada no interior dos que a lemos. Sempre estamos a agardar un novo poemario seu e a miúdo voltamos sobre o que leva escrito.
só di que
guindaba os ollos-anzois sobre
o albor infindo
mais a casa do
que se desfai
a súa filia
de igual modo
respirar esta atonía
coma quen regresa
ao exacto lugar
do agora
sen máis
sen esperanza
eva veiga