RAMÓN NETO
(A Illa de Arousa, 1975)
ATENCIÓN
AO PÚBLICO
Os
vasos de tubo que se foron aliñando ao longo da barra
forman
agora un casting de testemuñas para a coartada perfecta
dese
mundo que teimades en perepetuar coméndovos as bocas.
Ramón Neto |
Quero
enchoupar a lingua de ti
até
o piercing
(din os subtítulos do
poema)
nese
mundo case feliz pegañento de saliva
a
base de aixadas de limón fedorentas
de
martini con vodka -batido, non
mesturado-
aixadas
que zugades longamente
ao
rematar.
(mentres o lector comeza xa a pasar páxina)
NUNHA
FLOR
Teñen
que ser nós non corredizos.
(asente
levemente)
Comeza
pois por inmobilizar
pernas
e mans.
(dubida
e precisa refacelo
para
aliñar ben as voltas)
De
seguida contorna os peitos,
pásalla
sobre as nádegas
e
enrólalla aos cadrís.
(a
trenla –tirante
nas
parénteses e nos cortes
de
cada verso)
Segue
enrolando até levarlla pola boca.
Ti
improvisas
(o poema é teu)
HAI
VIDA ALÉN DO CINTO DE KUIPER
Belíscame,
belíscame
sen medo,
para
que non deixe
de
volver aos meus
sentidos
espertos.
Belíscame,
belíscame
insistente,
mentres
fago
tempo
ás portas
do
paraíso perdudo.
Belíscame,
belíscame
até a ferida,
para
así lembrarme
que
tamén hai algo
de
ti penetrándome.
Belíscame,
belíscame
de mala hostia,
e
fai saltar a fibela
para
que a fricción dea forma
a
un novo corpo celeste.
(Do
libro Dominio público. VIII
Premio de poesía erótica “Illas Sisargas”. Caldeirón, 2014)