sábado, 24 de enero de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (XLII). Daniel Pernas Nieto.






DANIEL PERNAS NIETO  (Abadín, 1884 - Mondoñedo, 1946)



SEMPRE MOZA

Furtiva moza te vexo
que ven de min t´agasallas;
Daniel Pernas Nieto, "O Cura poeta".
pol´as meixelas campeas.
          Unha bágoa.

I-eres para todos a moza
recollidiña n-a cama;
post´o sol bicas a terra.
           Sempre ufana.

Que das Delores a Nai
n-o Ceo deuche pousada.



SALAIOS

Por qué chora, preguntas a un bardo,
           d´a terra galega;
pois choro porque levo n-o peito
          un feixe de penas;
porque as casas d´a miña terriña
          inda non fumegan,
que soliñas, soliñas quedaron
          n-o bico d´aldea,
i-agora non hai quen desbrave
          as irtas restrebas;
miña terra, terriña querida,

          que soia te quedas,
que os homes que inda non te conocen
          así te desprécean
vindo logo de terras extrañas
          sin sangue nas venas;
por qué choro, preguntas filliño,
          porque non fumegan,
¡ai!, as casas da nosa terriña
          n-o bico d´aldea.



EN UN ALBUM

D´aquel borbullo n´olliño
ferve unha bágoa d´o mar,
e bícall´o sol o seo
          qu´esgaza
doida, doidamente,
a pelra d´unha mañá.


     


     

      (Do libro Fala das Musas e outros poemas. Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro. Colección Láncara de poesía. 2014. Ed. de Armando Requeixo).