MARÍA ÁLVAREZ LANDESA (Vigo, 1970)
O MEU NOME
O meu nome consolídadse cando me
pronuncias.
Toda eu gaño consistencia e unha ledicia
descoñecida arríncame
da crisálida na que adormecía.María Álvarez Landesa
SOLPOR ANUNCIADO
Entre as miñas mans, caricia cálida de
veludo gris.
Ronronar doce nun salón que espera o
solpor.
Suavidade cotíá de final do día.
Unha cunca en data de nacemento
agarda presumida os beizos dun sol
decadente.
E nunha explosión de luz dourada,
un peixe de prata pintado de ilusión
refulxe na parede do mar.
Liña inclinada de caligrafía leve nun
papel en branco.
Agarimo suave de tinta vermella bicando os
meus ollos.
Un bico
especial.
Catorce
letras.
Tres
palabras.
Especial.
Un adxectivo impreciso
enfeitando un
substantivo de mel.
No meu berce de lúa
leo cos beizos
esa
ringleira sinxela
escrita para
min.
u-n-b-i-c-o-e-s-p-e-c-i-a-l
PUNTO CERO
Un abrazo virxe, sen antes nin despois.
Un agora renovado.
Folla en branco infinita que quere escapar
das voces impuras e impostas.
Nada que contamine con palabras nin brazos
a pureza do único momento que existe.
Facer perdurar
nun futuro eterno
este presente pasado.
(Do libro Como dúas crebas, editado por Medulia
Editorial, 2022)