O mércores, día 23 de marzo,
visitei o IES de Sanxenxo (Baltar) para conversar e vivir unha xornada
poética arredor do mar cos alumnos e alumnas dos tres Primeiros de ESO deste
centro.
Foi un acto de fondo
espírito lírico, no que eu fun presentando a Triloxía do mar, formada
polos poemarios En la cuna del mar, Poemar o mar e Palabras
do mar.
Con Rafael Alberti
como referencia, faleilles do meu encontro coa poesía, a importancia da mesma
na miña vida e o desexo profundo de escribir versos e de facer partícipe o
alumnado da súa importancia na formación dos seres humanos.
Linlles uns poemas de Marinero
en tierra, do poeta gaditano, varios poemas da triloxía, fixemos
algunha proposta lúdica oral e escribimos un par de poemas conxuntos no
encerado da aula.
Houbo preguntas arredor da
miña traxectoria poética e a mañá foi pasando, insistíndolles a necesidade da
poesía nas súas vidas.
Un banzo máis nesa escaleira
interminable de acadar que os poemarios estean nas aulas e que a lírica ocupe
un lugar importante na docencia de hoxe en día.